Luns, 14 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura As imaxes de #Nigrán percorren mundo trala emisión do trailer do filme “A praia dos afogados”

As imaxes de #Nigrán percorren mundo trala emisión do trailer do filme “A praia dos afogados”

Correo-e Imprimir PDF
a praia afogados

O adianto do tráiler do filme A praia dos afogados (La playa de los ahogados) de Tornasol Films foi partillada por máis de 3.000 seareiros dende a súa publicación o pasado 27 de xullo na web da TVE. A película, baseada na novela de Domingo Villar estrearase nos cines o vindeiro 9 de outubro. A estrea no Val Miñor terá que agardar.

Os areais de Panxón, o Templo Votivo e o paseo marítimo de Monte Lourido son algúns dos recunchos miñoranos amosados no corte de promoción que leva menos de un mes publicado.

A cinta, dirixida por Gerardo Herrero e con Carmelo Gómez, Antonio Garrido e Celia Frejeiro nos papeis principais. "O filme arranca nunha mañá, cando o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea até a beira de Monteferro. Se non tivese as mans atadas, Justo Castelo "O rubio" sería outro dos fillos do mar que atopou a súa tumba entre as augas mentres faenaba. Pero o océano nunca necesitou amarras para matar. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do falecido, o inspector Leo Caldas mergullarase no ambiente mariñeiro de Panxón, tratando de esclarecer o crime entre homes e mulleres que se resisten a desvelar as súas sospeitas e que, cando se decidan a falar, apuntarán nunha dirección inesperada."