Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura “O que contaron de nós”: A historia contemporánea de Chandebrito narrada en 70 noticias.

“O que contaron de nós”: A historia contemporánea de Chandebrito narrada en 70 noticias.

Correo-e Imprimir PDF
carlos gomez

Trátase dunha selección de máis de 70 noticias da colección persoal de Carlos Gómez, composta por centos de artigos en prensa ordenados cronoloxicamente. A escolma informativa permite un percorrido entre finais do século XIX e todo o século XX coa cobertura dos principais sucesos acontecidos na parroquia de Chandebrito. As noticias escollidas publicáronse entre o ano 1898 e o 1999 en 9 periódicos diferentes do país, 26 delas son anteriores a 1976.

A exposición pódese visitar de xeito gratuíto e guiado na escola infantil (Rúa da Igrexa, núm. 2) os martes de 20.00 a 21.00 h., e tamén os sábados pola tarde concertando cita previamente no teléfono 667380223 ou no correo-e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .