O gondomareño Fernando Casás expón na mostra colectiva “en (re) torno á paisaxe” en Pontevedra.

Imprimir
fcasas

Nela veranse obras de Carla Andrade, Vari Caramés, Fernando Casás, Sara Coleman, Iago Eireos, Elena Fernández Prada, Ruth Montiel Arias, Carme Nogueira, Lois Patiño, Pamen Pereira, Jorge Perianes e Manuel Sendón. A mostra está comisariada por Paula Caballero

No marco da mostra terá lugar este xoves 30 de xullo a mesa redonda "Reflexións polifónicas sobre a paisaxe, o territorio e o espazo contemporáneos." Coa participación de Fernando Casás, o fotografo Manuel Sendón e o profesor de historia da arte, Federico López Silvestre. Modera a comisaria da mostra, Paula Caballero

"en (re) torno á paisaxe"
Esta exposición recolle diferentes maneiras de achegarse a un dos xéneros «clásicos» da historia da arte desde a arte contemporánea, desde a postmodernidade. Coas tempestades románticas na retina e a luz impresionista no legado, doce artistas ofrecen a súa visión sobre un retorno cara a paisaxe, un reencontro, unha sorte de complexidade que abarca conceptos como tempo, espazo, memoria e vínculo.

Terán lugar visitas guiadas pola comisaria da mostra, Paula Caballero os días 14, 21 e 28 de agosto ás 12 horas . Actividade gratuíta que non require inscrición previa. Tamén todos os sábados non festivos ás 19 horas a cargo do gabinete didáctico do Museo de Pontevedra.

Mesa redonda con Fernando Casás, Manuel Sendón e Federico López Silvestre.
A mostra colectiva "en (re) torno á paisaxe" que acolle o Museo de Pontevedra permitirá este encontro de tres traxectorias vencelladas ao arte. Fernando Casás, artista e profesor da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo; Manuel Sendón, fotógrafo e docente da mesma institución; xunto con Federico López Silvestre, profesor de Historia da Arte da USC, presentarán as súas respectivas miradas sobre esta triloxía contemporánea que anima a mesa: paisaxe, territorio e espazo. Paula Caballero, comisaria da mostra colectiva, intervirá como moderadora. Será este xoves 30 de xullo ás 20:30 horas no Auditorio do Museo de Pontevedra