Sábado, 5 Dec. 2020

Actualizado03:05:36 PM GMT

Estás en Canais Cultura Nace a Red de Cine Doméstico

Nace a Red de Cine Doméstico

Correo-e Imprimir PDF
red-cine-domestico-caceres-

•Distintas iniciativas chegadas de nove comunidades autónomas crean esta rede tras unha xuntanza en Cáceres
• Proxecto Socheo con fondos de filmes do Baixo Miño e Val Miñor é o representante galego nesta rede
Nove iniciativas de toda España acordaron a constitución dunha rede dedicada á recuperación, conservación e difusión do cinema doméstico nos seus diferentes soportes. É a Red de Cine Doméstica.


A proposta naceu en Cáceres e xurdiu do III Encuentro para la Creación de un Archivo de Cine Doméstico organizado pola Filmoteca de Extremadura os días 15 e 16 de maio.
Os seus integrantes, entre os que se atopa o Proxecto Socheo, propoñen a posta en valor mediante diferentes accións, tendo en conta que a devandita forma audiovisual foi inxustamente relegada e considerando a súa vixencia actual.
O encontro coincidiu co sesenta aniversario das denominadas "Conversaciones de Salamanca", onde se debateu pola situación do cinema español, e agárdase que, á súa vez, estas sexan un punto de inflexión na atención que se lle ven dedicando ao cinema doméstico.
Nesta xuntanzas participaron MiniChaplin (Andalucía), Filmoteca Canaria (Canarias), CFIHGU-Guadalajara (Castilla-La Mancha), Hogar de Miradas Domésticas-Filmoteca de Castilla y León, Home Movie Day Salamanca (Castilla y León), Cinema Rescat, Unitat de Investigació del Cinema (Cataluña), La Mirada de los Extremeños-Filmoteca de Extremadura, Proxecto Socheo (Galicia), Memorias Celuloides (Murcia) e o Home Movie Day Victoria (País Vasco).
O Proxecto Socheo, creado na Guarda no 2011 traballa para localizar, inventariar e estudar os arquivos audiovisuais gravados na comarca do Baixo Miño, como parte do patrimonio e da memoria colectiva local e proxectalo, sen restricións, ao mundo. Tamén ten un importante arquivo de pezas localizadas en espazos do Val Miñor.
A web onde se pode seguir os proxectos desta rede é: www.redcinedomestico.com