Peitieiros celebra este domingo as Letras Galegas coa entrega dos premios do II Certame literario

Imprimir
centro cul peitieiros

Este domingo 10 de maio ás 19:00 h. o Centro Cultural de Peitieiros organiza a festa das Letras Galegas. O acto rematará coa actuación do grupo de teatro Bertorella que representará O Tiriñas, sobre un relato de Victoriano Taibo


Durante o acto entregaranse os premios do II Certame Literario. Nesta ocasión contarase no xurado coa presenza da profesora Aurora Fontán e os escritores Marta Dacosta, en nome da Directiva do CCV, e Pedro Feijoo, todos eles veciños de Peitieiros. Será precisamente eles quen entreguen os premios en cada unha das dúas categorías ás que se presentaron 28 persoas. O premio consistirá nun certificado e un lote de libros, entre os que estarán exemplares asinados dos escritores que forman parte do xurado. O nome das gañadoras ou gañadores darase a coñecer no propio acto, en que serán abertas as plicas.
O acto rematará coa actuación do grupo de teatro Bertorella que poñerá en escena a obra "O Tiriñas" montada sobre un relato de Victoriano Taibo. Este grupo de teatro amador está dirixido por Luís Carballo e integrado por máis dunha ducia de persoas.
O CCV de Peitieiros agradece publicamente a Teatro Bertorella e a Pedro Feijoo e Aurora Fontán a súa colaboración, pois é a que fai posíbel este acto, e convida a todas as persoas a participaren nesta celebración da nosa lingua e da nosa literatura.