Araúxo reclama o Día das Letras Galegas de 2016 para Victoriano Taibo, escritor e mestre de Morgadáns.

Imprimir
vitoriano-taibo

O concelleiro nacionalista non adscrito Antonio Araújo presentará a acordo do pleno de Gondomar, que se reúne este xoves ás 20.00 horas, solicitar á Real Academia Galega que dedique o Día das Letras Galegas de 2016 á traxectoria de Victoriano Taibo, escritor e fornecedor da lingua do país. Victoriano Taibo, nado en Santigao, estivo vinculado a Morgadáns, onde recidiu e exerceu como mestre na primeira metade do século XX.

Argumenta Araújo, que ademais, o próximo ano conmemórase precisamente o sesaxésimo aniversario da publicación do seu poemario"Da Agra Aberta" .

Lembra que Victoriano Taibo "ten méritos abondo para ser merecente dun día das letras galegas con todo o que iso conleva de coñecemento e divulgación da súa obra e da súa persoa. Pero a maiores, Victoriano Taibo deixou unha fonda pegada profesional e humana en Morgadáns onde exerceu de mestre durante 20 anos, sendo aínda hoxe lembrado con agararimo pola parroquia, cuxa memoria honra cun premio de poesía dos máis prestixiosos da panorama literario galego substentado pola Entidade Local Menor de Morgadáns e promovido polo Instituto de Estudos Miñoranos".