Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O Mercado de Arte volve á praza de abastos de Sabarís

O Mercado de Arte volve á praza de abastos de Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
O mercado de arte Sabaris na pasada edición | Imaxe COEMSA

A asociación de empresarios de Sabarís COEMSA volverá un ano máis a mudar a praza de abastos nun auténtico "mercado" de arte.

A cita para todos os amantes das artes plásticas e da fotograía será o vindeiro domingo 10 de maio de 10 a 21h na praza de abastos de Sabarís.

"Con poucos medios e moita imaxinación" así é como defende a presidenta dos comerciantes locais, Pilar Loperena, a cita anual que aglutina a artistas consagrados e afecionados nun mesmo espazo, compartindo "xénero" con artistas noveis e talleres e obradoiros para os máis pequenos; e que xa é un referente expositivo non só para a comarca se non para Vigo e Baixo Miño.