Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O libro “Desenvolvendo o nobelo” abre unha nova iniciativa editorial do IEM.

O libro “Desenvolvendo o nobelo” abre unha nova iniciativa editorial do IEM.

Correo-e Imprimir PDF
Desenvolvendo o nobelo

O libro ten unha compoñente moi entrañable, pois recolle os traballos, feitos con dedicación e cariño, dun grupo de persoas adultas que se decidiron  mellorar a súa capacidade para a creación de textos literarios da man da poeta Marta Dacosta e expoñen nel a súa obra chea de sensibilidade que acada en moitos casos cotas de calidade propias de escritores con maior dedicación. Titúlase Desenvolvendo o nobelo, título que fai mención  a unha imaxe creada por Marta Dacosta:

Escribir é...

atopar a punta do fío axeitado e tirar del até desfacer o nobelo.

Despregar diante de nós esa sucesión de palabras que constrúe o edificio do texto e abriga as ideas. 

Ao mesmo tempo, con este título o Instituto de Estudos Miñoranos bota andar un novo espazo editorial, ao coidado de Miguel Anxo Mouriño, destinado a compartir cos lectores un catálogo de libros dixitais de calidade e interese. Perséguese con esta iniciativa dous obxectivos. Por unha banda pór a disposición escritos que, posiblemente, non se atoparían noutras canles. Pola outra, proporcionarlles a escritores (noveles ou non) a oportunidade de dar a coñecer a súa obra e sometela á consideración dos lectores .

Codificado nas versións máis universais para lectores dixitais, Desenvolvendo o nobelo está dispoñible en formato pdf, mobi e epub. Sendo posible a súa descarga, neste caso gratuíta, directamente da web oficial do IEM (http://www.minhor.org), como na plataforma Google Play.