Rubén de Lis acada o recoñecemento do Brasil con galardóns nos Prêmios da Música Católica 2014

Imprimir

ruben lis vivo1

O tema Hablando con ella do gondomareño Rubén de Lis foi galardoada como a Melhor Música de 2014 no marco dos Prêmios da Música Católica outorgados na Arquidiocese de São Salvador de Bahia (Brasil). Autor entre outras pezas, do Himno do centenario do Gondomar C.F. , De Lis ten unha abondosa carreira dentro do xénero coñecido como música cristiá con notable presenza no país americano. A canción galardoada en Brasil por voto popular, recrea un diálogo íntimo do autor coa virxe María.

ruben-lis-vivo-2
Os Prêmios da Música Católica son unha iniciativa do programa Alô Juventude (Rádio Excelsior) en parcería coa Pastoral de Comunicação da Arquidiocese de São Salvador de Bahia (Brasil). Galardóns que ten por obxectivo "recoñecer, valorizar e divulgar" os traballos musicais realizados neste xénero cristiá -mais dentro da confesión Católica Apostólica Romana- por bandas e músicos de todo Brasil, segundo dan conta as bases do certame.
Hablando con ella resultou elixida por voto popular emitidos no portal arquidiocesano no que foi a cuarta edición deste premio. O internautas tamén amosaron a súa preferencia pola voz de Rúben, obtendo un distinguido segundo lugar na categoría "Melhor Cantor".

VIDEO