Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Val Miñor: O 98% afirma entender galego pero menos dun terzo o utiliza como lingua habitual.

Val Miñor: O 98% afirma entender galego pero menos dun terzo o utiliza como lingua habitual.

Correo-e Imprimir PDF
uso galego

Apenas un 30,33% da poboación do Val Miñor utiliza o galego como lingua habitual aínda que o 98,03% afirma entendelo e o 87,63% o utiliza nalgún ámbito da súa vida. Todos estes datos emanan do censo de poboación e vivendas do INE (2011)e que o Instituto Galego de Estatística vén de publicar esta semana. Gondomar segue a ser o concello con máis galego-falantes habituais da bisbarra co 40,97% da súa poboación maior de 5 anos. Mais dez anos atrás o mesmo estudo sinalaba que a cifra era maior: 55,64%. En Baiona e Nigrán as persoas que afirman utilizar "sempre" o galego non chega nin ao terzo da poboación, 28,47% (29,13% en 2001) e 23,27% (35,66% en 2001) respectivamente.

GRAFICA