Inscricións abertas para un curso de Paleografía Medieval Galega con Xulián Maure no IEM.

Imprimir
b-npaleo-baiona-1274

Están abertas as  inscricións para o curso de "Paleografía Medieval Galega" a desenvolver polo profesor Xulián Maure Rivas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira Nº10, Gondomar). Os interesados deben dirixirse ao correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo   ou polo teléfono 986360575 de luns a venres de 18 a 22 horas. A convocatoria ten un límite de dez prazas e remata o vindeiro venres 25 de outubro.

Obxectivos do curso:

Iniciar a formación dun grupo de lectores de textos medievais referidos ás terras do Val Miñor, para, rematadas as xornadas de aprendizaxe, ler con certa facilidade os mesmos.

Metodoloxía:

O grupo constará como máximo de dez membros, que terán dúas horas quincenais de xuntanza no local do IEM, en martes alternos de seis a oito da tarde. As sesións terás lugar os días martes 4 e 18 de novembro e 2 e 16 de decembro ás 18 horas.

Os interesados, coa súa solicitude ao IEM, mandarán información do seu nivel académico, indicando tamén a razón do seu interese polo coñecemento da paleografía.

A práctica paleográfica diaria irá precedida por un mínimo programa teórico que inclúe a introdución, ciclos escriturarios, abreviaturas, normas de transcrición e bibliografía.