Sábado, 30 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Maxia, obradoiros, concertos e moita festa para celebrar o V Aniversario de Berra! Val Miñor.

Maxia, obradoiros, concertos e moita festa para celebrar o V Aniversario de Berra! Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
berra final_baja

O Colectivo Berra! celebrará o seu quinto aniversario ao grande cun mega concerto que porá en escena a cinco recoñecidas bandas en directo e un postconcerto a toda festa. O festival terá lugar o vindeiro venres 21 de decembro no Centro Cultural A Camoesa na parroquia de Camos (Nigrán).

 

As actividades comezarán ás 17:30 horas con diversas propostas para nenos, obradoiros de reciclaxe, decoración de galletas, e un espectáculo de maxia da man do Mago César, tanto para cativos como para adultos. Ás 20:00 abriranse as portas para dar comezo aos concertos. O cartel está formado polas bandas: Habeas Corpus (Madrid), Segismundo Toxicómano (Victoria – Gasteiz), Dakidarria (Val Miñor), Konflikto (A Coruña) e Kallaikoi (Baiona). O festival continúa pondo o punto final cunha festa postconcierto a cargo de Incrépula Sound System.

Haberá venda anticipada de entradas a 10€ en Internet, así como en diversos puntos de Baiona, Vigo, A Coruña, Ourense, Cangas e Ponteareas. O día do festival poderán adquirirse no recinto a un custe de 12€. O aforo é limitado.

Unha carpa cuberta e turbinas de calor serán abrigarán o festival do frío e posibles inclemencias.

Puntos de venda de entradas anticipadas.

Baiona: Taberna Marrucho

Vigo: Tenda Tipo – Bar Berlín –Espira Trece

Ourense: Peggy Records

A Coruña: Taberna Mahara

Cangas: Guerrilla Radio

Ponteareas: A Regueifa

Internet: Marearockticket

As primeiras cen entradas levarán de obsequio o álbum "Ke no cunda el pánico", de Segismundo Toxicómano.