Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura A Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro acaba de poñer á venda o libro titulado "Nós, Galiñeiro".

A Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro acaba de poñer á venda o libro titulado "Nós, Galiñeiro".

Correo-e Imprimir PDF
Nós, Galiñeiro. De Xosé Luis Méndez Ferrín
Nós, Galiñeiro. De Xosé Luis Méndez Ferrín
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Trátase dunha recopilación de artigos de prensa de Xosé Luís  Méndez Ferrín, arestora Presidente da Real Academia Galega, publicados no Faro de Vigo, Hoja del Lunes, etc., que teñen un denominador común ao referirse a lendas, tradicións, etimoloxía ou microtoponimia e como non, ¡madía leva!, a problemas dese abstracto xeográfico que deuse en chamar "Terra de Turonio", problemas algún, que malfaladamente, seguen sen resolverse.

Hai dúas posibilidades para conseguir os exemplares: na Libraida ou Papilio de Gondomar, así como noutras librerías de Galicia por 16 euros. A outra se pode chamar ao teléfono: 986 360 575, o móbil 608437629 ou dirixirse  aos correos electrónicos  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo / Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

Nós Galiñeiro, forma parte da coleccións Universitas Minoris do Instituto de Estudos Miñoranos.

Ficha Técnica:
Editor: Instituto de Estudos Miñoranos
Autor: Xosé Luís Méndez Ferrín
Deseño de Portada e Maquetación: Pedro Telmo Rodríguez
Deseño de Maqueta: Daniel Sotelo
Edición ao coidado de: K12 Comunicación
Asesoramento lingüístico: Miguel Anxo Mouriño
Execución gráfica: Obradoiro Gráfico
ISBN: 9788469540961