Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Tres obras compiten como finalistas do V Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns.

Tres obras compiten como finalistas do V Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF
vt2012

Finalmente o xurado elixiu 3 obras como finalistas de entre os 51 orixinais aspirantes a conseguir o V Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. Trátase dos títulos Mensaxe para Siria, Distancia e Simetrías e Oso, mama, si?. Na próxima semana darase a coñecer cal dos tres é o gañador desta convocatoria cuxo ciclo pecharase na primeira quincena de novembro coa celebración do acto de entrega do premio, dotado con 3000 €, unha estatua conmemorativa da autoría de Fino Lorenzo e a publicación do libro na colección Victoriano Taibo do IEM.

 

O xurado do V Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns, deliberou o pasado xoves 30 de agosto de 2012 e estivo integrado polos escritores Gonzalo Navaza, Marta Dacosta, Araceli Gonda, Carlos Negro e Miguel Anxo Mouriño, este último como secretario.

A obra premiada e nome do autor será dado a coñecer publicamente no transcurso da vindeira semana cando o xurado emita o seu veredicto final