O Coro Tradicional Cantares do Brión presentarase no VI Certame Internacional de coros De Ruada.

Imprimir

cantares-do-brion-letras-gaO Coro Tradicional Cantares do Brión xunto cunha selecta escolma das mellores agrupacións corais da música tradicional de Galicia e Portugal estará presenta no VI Certame Internacional de Coros de Ruada, en Ourense. Os miñoranos presentarán o seu repertorio o vindeiro sábado 23 de xuño ás 20:30 horas no Teatro Principal de Ourense.

 

CertameOurenseO programa comezou o pasado domingo 17 de xuño coa Tradicional Romaría dos Amigos da Coral De Ruada en Oseira. Continuará o vindeiro venres 22 de xuño, ás 20,30 horas, no Teatro Principal coa actuación da Coral De Ruada que ofrecerá o "Concerto dos Amigos".

O sábado, 23 de xuño, ás 20,30 horas, no Teatro Principal actuará o Coro Tradicional Cantares do Brión (Vincios-Gondomar) e Orfeão de Águeda (Portugal). Finalmente o domingo 24 de xuño, ás 20,30 horas, na Igrexa dos Franciscanos (Parque de San Lázaro) terá lugar un concerto a cargo dos Coros Galegos Aimil (Xinzo de Limia) e Cántigas da Terra de A Coruña. En tódolos casos a entrada é libre.

O VI Certame Internacional de Coros De Ruada está organizado pola senlleira Coral De Ruada (1918) co patrocinio a Concellería de Cultura e Festas e Festival de Cine do Concello de Ourense. Este Certame está incluído na programación de Festas de Ourense 2012 e conta coa colaboración do Teatro Principal e da Comunidade Franciscana de Ourense

 

"Tríadas do vento no mar" polo Coro Tradicional Cantares do Brión, no Día das Letras Galegas 2012.

Dim lights Embed Embed this video on your site