Como vén sendo tradicional nos últimos anos, o vindeiro domingo 13 de maio a antiga Praza de Abastos converterase nun espazo de Arte.
COEMSA (Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sabarís) organiza este evento que mostrará a produción artística de pintores e escultores do a comarca do Miñor.
Destacados artistas , acompañarán a artistas noveis da zona, exhibindo a súa última produción. Unha oportunidade única para aqueles amantes da arte poidan contemplar centos de obras de arte, contando coa posibilidade de adquirilas directamente ao artista.
A entrada é libre e o horario da exposición é de 10 a 21 hs.
Dentro das novidades de cada ano desta exposición, destácase o Taller de Pintura do Centro de Educación Especial Juan María e a dos talleres de pintura de diversos centros educativos da zona.