Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Convocado o V Premio de Poesía Victoriano Taibo Entidade Local de Morgadáns - 2012

Convocado o V Premio de Poesía Victoriano Taibo Entidade Local de Morgadáns - 2012

Correo-e Imprimir PDF
cartaz taibo_2012

 

 -O premio de 3 mil euros é sufragado pola Entidade Local de Morgadáns é organizado polo Instituto de Estudos  Miñoranos.

O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o V Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns ao que poderá concorrer calquera autor que envíe, antes do 31 de xullo de 2012, ao Apartado 30, 36380, Gondomar, un libro de poemas escritos en galego cunha extensión mínima de 300 versos. O premio está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo, creada especialmente para este certame, e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM. O galardón será entregado nun acto cultural que se celebrará no edificio das Escolas de Guillufe (Morgadáns) na 2ª semana de novembro do mesmo ano.

Para descargar as bases do concurso preme aquí.

 As catro edicións anteriores acadaron importantes éxitos de participación e, nas obras galardoadas, de crítica. En todas catro a concorrencia estivo arredor dos 45 orixinais. Mentres na primeira, terceira e cuarta convocatoria o premio correspondeulle a obras individuais  (Carlos Negro con Cultivos Transxénicos, Mª Goretti Fariña con Devastacións dispoñibles e Calros Solla con Holocausto Zacoe, respectivamente) na segunda o xurado decidiu conceder o premio ex aequo aos poemarios Cuarto Minguante, do que era autora Mª Carmen Caramés, e Biografía da Multitude, que resultou estar creado a dúas mans por Elvira Riveiro e Silvia Penas.