O Instituto de Estudos Miñoranos e a Comisión "Volta dos Nove" organizan un ciclo de actividades para lembrar e coñecer a sublevación militar de 1936 e os tristes e dolores acontecementos que lle sucederon. O ciclo consiste na presentación de cinco libros editados no ano 2010 e que percorren distintos aspectos tantos dos anos da Guerra como da represión posterior á mesma. Así mesmo farase unha achega ao acontecido na vila de Baiona e unha homenaxe artística aos "Nove de Baredo" e ás vítimas da persecución franquista.
As actividades desenvolveranse na Capitanía Marítima de Baiona (R/ Elduayen 20, 1º andar) segundo o seguinte programa:
17 de novembro, xoves, ás 20:30h
- Presentación, por parte dos autores, dos libros
- Cruzados o herejes. La religión, la Iglesia y los católicos en la Galicia de la Guerra Civil (2010) de José Ramón Rodríguez Lago (Doutor en Historia Contemporánea. Profesor Asociado da U. Vigo)
- Guerra Civil. Que pasou en Galicia e España de Federico Cocho (Xornalista, traballa na reitoría da U. da Coruña, colabora na Radio Galega)
24 de novembro, xoves ás 20:30h
- Presentación dos libros de:
- Dionisio Pereira González (Historiador. Economista e profesor)
- Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939) (2010)
- Gonzalo Amoedo López (Historiador)
- A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra (2010)
1 de decembro, xoves ás 20:30h.
- Domingo Rodríguez Teijeiro (Doutor en Historia, profesor de Historia Contemporánea na U. Vigo presenta o seu libro Presos e prisións na Galicia de guerra e de posguerra. 1936-1945 (2010)
3 de decembro, sábado ás 18h
- Conferencia de Carlos Méixome Quinteiro (Instituto de Estudos Miñoranos): "Baiona, 1936"
- 19.30 Homenaxe poético-músical aos Nove de Baredo. Exposición de pintura e fotografía. Exposición "Atopados"