O Coro Tracional Cantares do Brión estreou traxes e blog.

Imprimir
Cantares-do-Brion-imaxe-de-Luis-Garcia-Crego

O Coro Tradicional Cantares do Brión estreou os seus traxes tradicionais de gala no XXII Homenaxe ao Gaiteiro no Centro Cultural Caixanova de Vigo o pasado 21 de novembro. O deseño dos traxes foi deseñado polos coristas Isaac Teniente e Patri González Iglesias e realizado polo taller de costura de Patri en Saiáns. O coro tradicional das Rías Baixas tamén amosou o bombo da agrupación feito polo grupo de artesás de instrumentos tradicionais de percusión Foliqueiras onde traballa outra das súas coristas, Chus Iglesias.

Dende Vincios ao mundo

Pero as novas do coro non rematan aquí, xa está a disposición dos amantes da música tradicional galega un blog onde poderán seguir as presentacións de Cantares do Brión, acceder ás súas imaxes e vídeos, así como a tódalas informacións relacionadas ao grupo e as súas actividades.