Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Unha ollada pola transición, a través dos adhesivos.

Unha ollada pola transición, a través dos adhesivos.

Correo-e Imprimir PDF

O próximo mércores día 18 de febreiro ás 20 h. procederase á inauguración da exposición: Unha ollada pola transición, a través dos adhesivos. No acto inaugural, que terá lugar na Casa da Cultura de Gondomar, intervirá o director do Instituto de Estudos Miñoranos Carlos Méixome e o Concelleiro de Cultura de Gondomar Xosé Luís Mosquera, así como Anxo Terán en representación do Café Rañolas, promotor desta iniciativa cultural.

A exposición chega directamente da cidade de Lugo onde estivo exposta ata o pasado 30 de xaneiro, sendo a primeira vez que o facía. A exposición contou para a súa realización co colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, do Concello de Lugo, da Deputación Provincial de Lugo e da Fundación CAIXAGALICIA e chega a Gondomar por iniciativa do Café Rañolas.

 

            O obxectivo desta exposición é contribuír a recuperar a memoria dun período de gran relevancia na nosa historia máis recente: a transición. Foron anos dunha grande efervescencia política e social, de cambios, de esperanzas, de loitas e tamén de frustracións; moitos deles reflíctense no instrumento escollido para traer á nosa memoria aquela época, no obxecto da exposición: o adhesivo.

 

            Non son simples anacos de papel encolado. Os adhesivos permiten aos que viviron aqueles anos redescubrir as súas experiencias, e aos máis novos tomar coñecemento do clima social e político da época: palabras de orde que marcaron a transición, procesos electorais que condicionaron o noso presente colectivo.  

 

            Esta exposición é posible gracias a moitas persoas que conservaron durante anos os adhesivas, a elas o noso agradecemento pero sobre todo ao profesor universitario Bernardo Valdés Pazos que tamén durante anos tivo a paciencia de ir recollendo e ordenando miles e miles destes autocolantes, as celebres â??pegatasâ??. En trinta paneis recóllense centos destas â??pegatinasâ?? agrupadas por temas permitindo deste xeito un percorrido visual por aqueles anos da segunda metade da década dos setenta.

 

            A amplitude da mesma non permite recollela na súa totalidade no Café Rañolas, polo que a maior parte da mesma está instalada na casa da Cultura de Gondomar. Nos dous locais poderá ser visitada ao longo de todo o mes de febreiro.

 

IEM