Visita nocturna aos petroglifos de Outeiro dos Lameiros

Imprimir

O IEM organiza en colaboración da Universidade de Vigo unha nova visita nocturna aos petroglifos de Outeiro dos Lameiros este mércores, 2 xullo ás 22h 45’ partindo dende Santa Marta (O Burgo). A visita guiada ao conxunto de petroglifos de Outeiro dos Lameiros, postos en valor pola Comunidade de Montes en Man Común de Santa Cristina da Ramallosa está especiamente pensada para amosar a riqueza patrimonial deste conxunto arqueolóxico aos participantes no Curso de Galego para Estranxeiros da Universidade de Vigo procedentes de 18 nacionalidades distintas.

A visita, organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos e a Universidade de Vigo estará guiada por Xosé Lois Vilar Pedreira do Instituto de Estudos Miñoranos Val Miñor.