No seu paseo conviven cunha manchea de amigos, amigas e familiares que se ven reflectidos nas composicións poéticas.
O Instituto de Estudos Miñoranos, en colaboración co Concello de Gondomar, publica este novo poemario de Miguel Anxo Mouriño na súa colección Letras da Groba. O libro será presentado nun acto público o próximo sábado 19 de xaneiro ás 19 horas no Auditorio Municipal “Lois Tobío” de Gondomar. O acto será presentado pola poeta e profesora Marta Dacosta e contara coas intervencións de Emilio García Crego e do autor. Non sabemos se falará Pablo. Haberá tamén unha lectura dalgúns dos poemas a cargo de Rahel García, Aldán López, Marta Dacosta, Emilio García, Maricarmen Sestelo e Encarna Sestelo. Os lectores, ampla gama de idade vai dende os 12 ata os 85 anos, estaran acompañados ao piano por Daniel Goberna.
Pechará o acto o alcalde de Gondomar, Antonio Araúxo.
O autor
Miguel Anxo Mouriño é mestre. Desde a súa infancia está vinculado a Gondomar, vila de referencia de moitas das súas vivencias a pesar de que naceu en Oubiña (Cambados). É autor de varios poemarios: Camariña: sete cruces e unha esperanza, E segues a tirarme das entrañas e Versos primos e de dúas novelas para a xuventude Os arriscados e O Reino Ideal, publicados por Galaxia. É director da sección de Lingua e Literatura do Instituto de Estudos Miñoranos