Xoves, 18 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Presentación do libro Gondomar de Pablo

Presentación do libro Gondomar de Pablo

Correo-e Imprimir PDF
Miguel Anxo Mouriño
Pablo, o tenro protagonista deste libro, percorre co avó os camiños entrañables deste cosmos telúrico que é Gondomar de Pablo. Da man do seu avó poeta, Pablo percorre, en 25 poemas, as rúas e lugares de Gondomar, pasa pola esquina da de Peralba, baixa ata o parque da Coelleira, achegase á Alameda, á Praza ou ata o Concello e tamén visita o quiosco de Alvarito, a cafetería Venecia, o Catro Camiños, o Cristaleiro, a de Penisco ou o Keike, achegase ata o Rañolas e non deixa de visitar a Libraría Libraida, a farmacia e outras lugares máis. 

No seu paseo conviven cunha manchea de amigos, amigas e familiares que se ven reflectidos nas composicións poéticas.

O Instituto de Estudos Miñoranos, en colaboración co Concello de Gondomar, publica este novo poemario de Miguel Anxo Mouriño na súa colección Letras da Groba. O libro será presentado nun acto público o próximo sábado 19 de xaneiro ás 19 horas no Auditorio Municipal “Lois Tobío” de Gondomar. O acto será presentado pola poeta e profesora Marta Dacosta e contara coas intervencións de Emilio García Crego e do autor. Non sabemos se falará Pablo. Haberá tamén unha lectura dalgúns dos poemas a cargo de Rahel García, Aldán López, Marta Dacosta, Emilio García, Maricarmen Sestelo e Encarna Sestelo. Os lectores, ampla gama de idade vai dende os 12 ata os 85 anos, estaran acompañados ao piano por Daniel Goberna.

Pechará o acto o alcalde de Gondomar, Antonio Araúxo.

 O autor

Miguel Anxo Mouriño é mestre. Desde a súa infancia está vinculado a Gondomar, vila de referencia de moitas das súas vivencias a pesar de que naceu en Oubiña (Cambados). É autor de varios poemarios: Camariña: sete cruces e unha esperanza, E segues a tirarme das entrañas e Versos primos e de dúas novelas para a xuventude Os arriscados e O Reino Ideal, publicados por Galaxia. É director da sección de Lingua e Literatura do Instituto de Estudos Miñoranos