Víchelocrego pecha o certame de teatro en Gondomar

Imprimir

{mosimage}Este sábado 1 de decembro, a Mostra de Teatro "Roberto Vidal Bolaño" de Gondomar remata coa participacion da compañía Vichelocrego Teatro, asociada ao Instituto de Secundaria "Auga da Laxe", de Gondomar, que representará Spot.
 Unha ácida ollada sobre o  mundo da publicidade, o consumo e as fantásticas promesas transmitidas, mediante slogans, musiquiñas, jingles e frases feitas, que penetran nos nosos sentidos, na nosa memoria, na noa fala cotiá, e  constrúen un estrano mundo ideal cheo de absurdos e novos significados sorprendentes.

 

-  Dirección: Margarita Cachaza

- Autores: Carles Alberola e Roberto García

 - Elenco:  Aida Costas, Antonio Álvarez, Beatriz Núñez, Begoña Míguez, Carlos Muñoz, Lara Martínez, Luz López, Manolo Dacosta, Nieves Costas, Noa Carrera, Pepe Paraños, Pepe Souto, Senén Costas, Vanesa Estévez, Verísimo Pazos

 - Xénero: Comedia

- Duración: 1 hora 30 min.

- Público preferente: Adulto

-No Auditorio Lois Tobío, ás 22: 30 h

Entrada: 3 euros

Venda: en taquilla

+ info: 986 363 913

Organiza a Concellería de Cultura de Gondomar e IGAEM