Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Os nomes do mar

Os nomes do mar

Correo-e Imprimir PDF
Exposición no colexio de Sabarís
 A sección de Recursos Didácticos do Instituto de Estudos Miñoranos dirixida por Pilar Barreiro Vilas vén de instalar no Colexio Público de Sabarís a exposición Os nomes do mar elaborada con materiais da recolleita de campo realizada por membros do IEM  e co traballo didáctico do Colexio Público de Camos merecente do Premio de Proxectos Didácticos Antonio Fraguas do Museo do Pobo Galego. A súa instalación foron convidados mestres e mestras dos distintos colexios do Val Miñor para ofrecerlles  a exposición á vez que se lles explicou o proceso do traballo pedagóxico coa toponimia e a súa aplicación didáctica na escola. A experiencia didáctica parte do labor desenvolvido na aula con mapas, cartas náuticas, fotografías aéreas, recollida de campo e entrevistas con persoas maiores coñecedoras do mar e da terra. Tamén se lles explicou o funcionamento de diversos xogos toponímicos presentes na exposición e que perseguen unha función de divertimento. Ao tempo expúxose a aplicación ao currículo escolar en distintas materias que van desde a lingua galega ate os traballos manuais pasando polo coñecemento do medio.

A sección de Recursos Didácticos do Instituto de Estudos Miñoranos pon a disposición de todos os Colexios do Val Miñor esta exposición así como o asesoramento para o seu pleno aproveitamento. Os colexios interesados poden poñerse en contacto co IEM a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou ben no 680 644 490.