Preto dun cento de persoas participaron neste sinxelo acto organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos e Comisión Volta dos Nove no que tomaron a palabra a concelleira de Baiona Ana María Rodríguez e o subdirector do IEM, Xosé Lois Vilar Pedreira. O acto comezou e rematou con sendas interpretacións do mozo gaiteiro Hugo Rodríguez.
Ao día seguinte no peirao de Panxón preto de cento cincuenta persoas participaron na ofrenda floral aos veciños desta parroquia de Nigrán asasinados na Volta dos Nove. Tomou a palabra Carlos Méixome,. Director do IEM, quen lembrou tamén aos outros moitos veciños de Nigrán asasinados naqueles tempos de lume e ferro. Posteriormente dirixíronse aos asistentes o Tenente de Alcalde de Nigrán, David Xiráldez e o Alcalde Efrén Juanes. Posteriormente os asistentes trasladáronse en dous barcos de Panxón ata o centro da enseada de Panxón onde se realizou unha ofrenda floral aos veciños asasinados en 1936.