Novo ciclo de Tertulias do Instituto de Estudos Miñoranos no Pazo da Escola de Mañufe

Imprimir
Carlos Varela, Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

O fiscal xefe de Galicia, Carlos Varela, iniciará os faladoiros o primeiro venres de outubro e o presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares, poñeralle o ramo no mes de xuño.

Por sexto ano consecutivo o próximo venres cinco de outubro iniciarase un novo ciclo de faladoiros organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos no Pazo da Escola de Mañufe, Gondomar.

Como é costume os faladoiros terán lugar preferentemente o primeiro venres de cada mes, dende outubro a xuño, e comezarán ás 20:30h. Tamén como de costume despois do acto público haberá unha cea coa persoa convidada á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 680 6444 90 ou no correo electrónico  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo  

Este novo ciclo de Tertulias iniciarase o 5 de outubro coa presencia do Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela que será presentado polo Avogado e profesor Da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados de Vigo, Xaime Luxilde.