Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura A web de Salvemos Monteferro recibe o V Premio Nano Cambeiro de periodismo.

A web de Salvemos Monteferro recibe o V Premio Nano Cambeiro de periodismo.

Correo-e Imprimir PDF
Premio Nano Camberio. Peza de Fernando Casás
A páxina web  www.salvemosmonteferro.org e os seus deseñadores José Reigosa, presidente tamén da asociación Salvemos Monteferro, e Ángel Reigosa reciben o V premio de xornalismo Nano Cambeiro.
O premio consiste nunha escultura de Fernando Casás.
O Premio de Xornalismo NANO CAMBEIRO foi instituído polo Instituto de Estudos Miñoranos para lembrar ao xornalista e ao amigo. Cumprindo co establecido na convocatoria, faise pública a súa resolución ao cumprirse o sexto aniversario da irreparable perda do xornalista Nano Cambeiro. 

Nesta Quinta Edición, o premio concedéuselle á web  www.salvemosmonteferro.org e aos seus deseñadores  José Reigosa, presidente tamén da asociación Salvemos Monteferro, e Ángel Reigosa. Foron múltiples os argumentos que levaron a que a Xunta de Goberno do IEM tomase esta decisión por unanimidade, entre outras, ser a primeira web ecoloxista do Val Miñor con información actualizada en torno a cal se concentrou a gran mobilización social que conseguiu a paralización do proxecto de urbanización de Monteferro.

Mais tamén que a web www.salvemosmonteferro.org informou sobre as mobilizacións populares no concello de Nigrán contra o PXOM, contribuíndo ao cambio político no concello, ao tempo que informa e analiza a situación nos outros concellos da comarca e promove o debate sobre o estado dos espazos naturais no Val Miñor, a costa, e a degradación do territorio. 

A web www.salvemosmonteferro.org consolidouse como lanzadeira para os comunicados dixitais dos movementos ecoloxistas galegos dos últimos anos e foi quen de liderar conxuntamente con outros colectivos iniciativas como GALIZA NON SE VENDE, divulgar o coñecemento e consciencia da problemática e situación ambiental da ría, foi o motivo de artellar o "MAPA DOS 15 PUNTOS NEGROS DA RÍA DE VIGO". Un sistema multimedia que permite analizar a problemática e evolución dos desastre ecolóxicos que afectan a ría máis próxima a Monteferro. E ofrece tamén un álbum de fotos relativas a Monteferro. 

Creou, hai pouco, a sección “O FARO DE MONTEFERRO”, que se actualiza cada media hora coas noticias máis salientables da ecoloxía e do medio ambiente. A próxima actualización da web incluirá ampla información sobre a constitución da Plataforma SOS SERRA DA GROBA, cunhas espectaculares animacións moi ilustrativas do que sería a Serra da Groba de converterse en parque eólico. A web foi o primeiro altofalante de comunicación da plataforma, recibindo máis de 37.000 visitas en 20 meses.


A web www.salvemosmonteferro.org foi quen de difundir a voz de alarma por todo o planeta, recibindo mensaxes e firmas de apoio dende Xapón, Irlanda, Romanía, Cataluña, Euskadi. O asunto Salvemos Monteferro tamén se escoitou nos corredores de Moncloa e do ministerio de Medio Ambiente en Madrid. A súa repercusión fixo que fose protagonista no guión da famosa serie de Tele 5 Cámera Café nun sketch sobre as tarefas encomendadas polos extraterrestres para salvar o planeta. A súa repercusión fixo que fose referenciada en varias ocasións nos informes de Ecoloxistas en Acción (Informe de Banderas Negras) ou no de estado das costas de Greenpeace (informe Destrucción a toda costa).

Dim lights Embed Embed this video on your site  

 

 O premio, sen dotación económica, consiste nunha peza de bronce obra do escultor e membro do Instituto de Estudos Miñoranos FERNANDO CASÁS, que se funde para entregar en cada convocatoria. A obra escultórica será entregada ao premiado nun acto público a realizar nos meses vindeiros. 

Nas edicións anteriores o premio recaeu en Xosé Luís Méndez Ferrín, Francisco Fernández del Riego, David Reinero González e a web www.valminor.info dirixida por Pedro Telmo Rodríguez Castro

A Xunta de Goberno do IEM acordou tamén convocar o Sexto Premio de Xornalismo “Nano Cambeiro” para artigos publicados ao longo do ano 2007, segundo as bases adxuntas.  

Bases VI Premino Nano Cambeiro de Periodismo 2007