Presentación do anuario do Instituto de Estudios Miñoranos

Imprimir

O próximo venres 14 de novembro ás 20:30 h. no Café Rañolas (Rúa Otero Pedrayo, 3) de Gondomar terá lugar a presentación do número 3 da Revista de Estudios Miñoranos correspondente ao ano 2003.

No acto participarán o arquitecto Xaime Garrido; o estudioso dos petroglifos Francisco Xabier Costas Goberna e o escultor Fernando Casás, colaboradores os tres neste número, así como os profesores Bieito Legaspi e Carlos Méixome, membros do Consello de Redacción da revista.

Este novo número do anuario da revista de estudios do Instituto de Estudios Miñoranos está mellorado no seu deseño e presentación así como tamén aumentou considerablemente no seu tamaño acadando as trescentas páxinas.

Nesta ocasión e como ven sento tradicional o anuario está dividido en tres seccións. A primeira son artigos de fondo, mentres que a segunda denominada â??O meu Val Miñorâ?? é unha sección de creación literaria, mentres que a terceira é un repaso polas actividades do Instituto ao longo do pasado ano.