Sábado, 22 Jul. 2017

Actualizado10:28:06 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía

Ciencia e tecnoloxía - Val Miñor

Investigadores españois inventan un simulador cuántico que permite viaxes no tempo

Correo-e Imprimir PDF

simulador cuanticoEnrique Solano, físico da Universidade do País Vasco, idea un "teatro cuántico" no que se poden romper as regras máis fundamentais da física, incluída a teoría da relatividade de Einstein e a súa máxima "nada pode ser máis rápido que a luz".

Doentes de cancro de mama e outras doenzas crónicas celebrarán un encontro de tres días en Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

cancermamaDo venres 13 ao domingo 15 de xuño a Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mamas (ADICAM) celebrará unha convivencia coas súas asociadas na Residencia de Ocio e Tempo Libre de Panxón. O grupo estará  formado pro trinta mulleres  de Cangas, Vigo e A Coruña que durante a fin de semana desenvolverán unha programación dirixida á información, ocio e  tempo libre, no contexto de hábitos saudables a prol de melloras na calidade de vida . A inauguración terá lugar o venres 13 ás 17 horas na residencia coa asistencia da presidenta de ADICAM, Josefa Acuña Graña, A  Concelleira dos Servizos Sociais do Concello de Cangas,  Dolores Gallego e a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia Susana López Abella.

Baiona acollerá o encontro anual dos parlamentarios nacionais e autonómicos do eido da Sanidade.

Correo-e Imprimir PDF

paradormonteboiO Parador Nacional de Baiona será a sede do V Encontro Global de Parlamentarios de Sanidade que organiza Sanitaria 2000, empresa editora de Redacción Médica. Esta nova edición terá lugar os días 13 e 14 de xuño e reunirá aos deputados da Comisión de Sanidade e Servizos Sociais do Congreso e do Senado; ademais de parlamentarios das distintas comisións de Sanidade e de Saúde das Cortes, Asembleas e Parlamentos autonómicos.

Tras o rexeitamento en comisión, doentes de cancro reclaman apoios de sinaturas antes do debate no Congreso.

Correo-e Imprimir PDF

bea3A loita de Beatriz Figueroa non rematou. Nin contra o cancro nin contra o sistema da Seguridade Social que condena aos traballadores con esta doenza a enfrontala cun fixo mensual de 426 euros. Unha "tarifa plana" coa que ten que pagar o 40% dos medicamentos, e vivir, porque tamén ten dereito. O pasado 23 de abril a deputada Olaia Fernández poñía enriba da mesa da Comisión de Emprego e Seguridade Social unha proposición non de lei que redactara o tamén galego e catedrático da Universidade de Vigo, Jaime Cabeza. Case 400 mil sinaturas de cidadáns acompañaron a Beatriz ese día a Madrid. Mais a comisión rexeitou a proposta. Agora Beatriz e milleiros de persoas que dende toda España fixeron súa a causa queren acadar as 500 mil sinaturas na plataforma Change.org, para cando nas próximas semanas esta iniciativa de protección socio-laboral aos afectados entre a debate no pleno do Congreso dos Deputados.

O lume antropoxénico

Correo-e Imprimir PDF


Juan Antonio Añel, experto en cambio climáticoO investigador en cambio climático Juan Antonio Añel Cabanelas advirte neste artigo de como o home está creando as condicións para que os lumes forestais cada vez sexan máis virulentos.

Juan Antonio Añel Cabanelas é un investigador ourensán que traballa na Universidade de Oxford en investigación climática e valoración de riscos para políticas de adaptación. Tamén é o coordinador científico de Climateprediction.net e traballa no proxecto ExCirEs da Universidade de Vigo.

Científicos do CSIC atopan a guarida do polbo nas illas Cíes.

Correo-e Imprimir PDF

P5240125 2Tras tres anos de investigación, membros dos Departamentos de Ecoloxía e Recursos Naturais do IIM e do IMEDEA localizaron no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (PNIAG) as zonas de posta de polbo e sepia, e logrado o propio para o calamar no Parque Nacional de Cabrera (PNCA).

Quen está detrás da privatización do hospital vigués?

Correo-e Imprimir PDF

A conselleira de Sanidade nunha visita ás obras do novo Hospital de VigoUn entramado de empresas, de coñecidos empresarios vinculados ao PP e de multinacioniais está detrás da privatización dos principais servizos do futuro novo Hospital de Vigo (NHV). Así o cre a Asociación Galega para a Defensa da Sanidad Pública. E é que o goberno popular tería decidido construír este centro hospitalario con financiamento privado (PFI) a cambio de ceder a xestión de todos os servizos non sanitarios e espazos non asistenciais a unha UTE liderada por Acciona e Bankia.

O PP rexeita no Congreso dar maior protección aos enfermos graves con menos de 400€ de ingreso.

Correo-e Imprimir PDF

10154315 1489615874584674 1216220339645870869 nO PP impediu este mediodía que a Comisión de Emprego e Seguridade Social aprobase a proposición da portavoz do BNG, Olaia Fernández Davila, destinada a mellorar a protección a persoas que padecen cancro e outras doenzas graves, con ingresos menores a 400€. Trala presentación de emendas por parte do PP, PSOE e Esquerda Plural, a deputada nacionalista tratou de negociar un texto de consenso, que finalmente non foi aceptado polo grupo popular, o que concluíu con 23 votos en contra fronte aos 18 a favor.

A iniciativa que os nacionalistas levaron ao Congreso  dos deputados é autoría de Beatriz Figueroa, avogada e xornalista viguesa que en medio dunha longa batalla contra o cancro que padece dende hai 3 anos,  logrou acadar 400 mil sinaturas en apoio a un cambio na Lei da Seguridade Social que redactara xunto co catedrático de Dereito Laboral da Universidade de Vigo, Jaime Cabeza.

Continúa a loita da galega Beatriz Figueroa na defensa dos dereitos dos doentes de cancro.

Correo-e Imprimir PDF

Beatriz-Figueroa-frente-al-"Nin sequera deberiamos suscitarnos este cambio lexislativo, porque a propia Lei Xeral da Seguridade Social xa establece para todos os enfermos que si se está incapacitado para traballar tense que recoñecer esa condición e, derivado diso, recoñecer uns dereitos económicos como é a pensión de incapacidade permanente ben absoluta ou total, revisable durante o período de curación que se sabe pode ser a longo e medio prazo” declaraba, a veciña de Vigo, Beatriz Figueroa, que o martes entregou 378.000 firmas recolleitas coa súa petición no Congreso dos Deputados.

A proposta, que pide sexa aprobada, foi tramitada como proposición non de Lei e proposición de Lei pola deputada do BNG Olaia Fernández Dávila, para unha protección laboral especial para os enfermos de cancro.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL