Sábado, 20 Apr. 2019

Actualizado11:03:00 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Tecnoloxía "Un chorizo bueno" contra o dispendio de diñeiro público na túa vila.

"Un chorizo bueno" contra o dispendio de diñeiro público na túa vila.

Correo-e Imprimir PDF
MOOVERANG-IMAGEN-1024x576

#CombateElDespilfarro é a etiqueta coa que se está a promocionar a App Mooverang dirixida a facilitar a organización da economía persoal. Este programa para dispositivos móbiles que conta co aval da OCU (asociación de consumidores de España) orquestou unha campaña publicitaria que está a dar que falar nestes tempos electorais. Creada pola axencia BTOB titulada "El chorizo bueno" búscase visualizar o dispendio de diñeiro público que salpimenta todo o estado español.

Faino a través dunha figura cómica creada para a campaña, "un chorizo bueno" que vela pola economía e combate a corrupción, a malversación e todo aquilo que sexa un dispendio de recursos. A devandita campaña pode seguirse na web combateeldespilfarro.com . Tamén coa etiqueta #combateeldespilfarro poden participar en Twitter denunciando aqueles lugares nos que se fixo patente o dispendio, incluíndo imaxes, gifs, vídeos de Vine ou frases preferiblemente sin alonxarse da ironía e o humor.

Dispoñible en iOS e Android tanto para móbiles como para tabletas, Mooverang permite de xeito moi sinxelo organizar as contas bancarias e as tarxetas sen esforzo e sen pasar horas con cálculos e follas Excel, todo é automático e moi sinxelo para que o usuario poida gozar do seu tempo. E desde fai uns meses, xa é posible crear contas tamén desde a web www.mooverang.es.

Os usuarios pode incluír novos bancos entre máis de 40 entidades financeiras (contas correntes, contas de aforro, tarxetas de crédito) coas que a app é compatible.
Segundo os seus creadores, conta con medidas de seguridade á altura de aplicacións de bancos e co aval de garantía da OCU (asociación de consumidores en España) o que dá maís confianza aos usuarios. Advirten que Mooverang non manexa diñeiro, só es una aplicación de control persoal para controlar o gastos e ver por onde se nos escapan mensualmente, impostos aparte.