Novos correctores, tradución automática en liña, recursos para nenos, e galego no teu móbil, son algúns das novidades e conferencias que incluirá a Xornada Letras Galegas e Internet. A Secretaría Xeral de Política Lingüística é a encargada da organización. O evento terá lugar en Santiago de Compostela esteo xoves 19 de maio. Tamén colaboran a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Secretaría Xeral de Medios. As xornadas poderán ser seguidas na súa totalidade por internet, dende as 10:30 ás 13:30. Os recursos lingüísticos que se presentan na xornada son" aplicacións nas que a secretaría xeral está a colaborar para contribuír á calidade da lingua e ao seu prestixio social, que lle ofrecerán á cidadanía novas oportunidades para sentirse máis segura traballando e comunicándose en galego no lecer e nas relacións a distancia.", informan dende a Xunta de Galicia.
"A coincidencia no 17 de maio da celebración do Día das Letras Galegas e do Día de Internet constitúe unha boa oportunidade para facer dialogar estes dous elementos decisivos hoxe para o futuro dos galegos e das galegas" argumentan os organizadores.
Programa da Xornada Letras Galegas e Internet.
10:30 Inauguración
Mar Pereira, secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística
Francisco López, director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos
10:40 Novidades nas tecnoloxías da fala. Mesa 1:
BuscaTermos
Xusto Rodríguez (Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela)
Novo corrector Galgo
José R. Pichel (Imaxin)
Tradución automática en liña
Liliana Martínez (Termigal)
11:10 Novidades nas tecnoloxías da fala. Mesa 2:
Dicionario de pronuncia da lingua galega locutado
Xosé Luís Regueira (Instituto da Lingua Galega)
Digalego
Bieito Ledo (Ir Indo)
11:30 Aprendizaxe do galego en liña
Xoán Rivas (Secretaría Xeral de Política Lingüística)
11:40 Recursos para a etapa infantil en internet
Beatriz G. Turnes (Secretaría Xeral de Política Lingüística)
11:50 Pausa-café
12:20 Novos programas informáticos en galego:
Proxectos de software libre
Antón Méixome (LibreOffice)
Cristina Gomis (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre)
Novos recursos de software propietario
Óscar Senra (Imaxin)
12:50 O teu móbil en galego
Cristina Rubal (Secretaría Xeral de Política Lingüística)
13:00 Recursos audiovisuais na rede
Manuel Gago (Consello da Cultura Galega)
13:10 Novos títulos en galego en libro electrónico
Anxela Chillón (Editorial Galaxia)
13:20 Un novo pulo para o dominio .gal
Camilo Regueiro (Asociación .gal)
13:30 Clausura
Xesús Vázquez, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios
Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística
Para seguir en vivo a xornada preme aquí.