Xoves, 19 Oct. 2017

Actualizado12:46:23 PM GMT

Saúde

O colapso premeditado da sanidade pública en Galicia

Correo-e Imprimir PDF

Hospital Xeral de VigoSindicatos e oposición denuncian o colapso dos hospitais públicos.

A morte dunha muller despois de agardar tres horas a que a atenderan en urxencias desata unha treboada política.

O Sergas di que foi un "desagradable desenlace" pero desvincula a situación dos recortes públicos. Con todo, a Xunta rebaixou 400 millóns os orzamentos en sanidade en catro anos.

Faladoiro sobre saúde sexual e reprodutiva das mulleres

Correo-e Imprimir PDF

Saúde sexual e reproductiva das mulleresA Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, a Rede de Pontevedra pola Igualdade e a Sociedade Galega de Sexoloxía organizan es xoves 6 de febreiro unha carla informativa sobre a "Saúde Sexual e Reprodutiva das Mulleres".

A charla terá lugar no Centro Cultural Bolos da Carrasca en Parada ás 20h. 

Día internacional contra o cancro: “no peor dos casos mata, no mellor perdoa, e en moitas ocasións mutila.”

Correo-e Imprimir PDF

concentracion-cancro-Desafiando a treboada un centenar de persoas concentráronse no “Día internacional contra o cancro” a prol dunha cobertura digna para os pacientes con esta doenza, diante do INSS en Coia.

Este martes 4 de febreiro “Día Internacional contra o cancro” tivo lugar unha concentración diante do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) en Coia, na procura de protección socioeconómica para as persoas que sofren a enfermidade. Convocada por Beatriz Figueroa, paciente con esta doenza e autora dunha iniciativa parlamentaria a prol de garantir unha cobertura digna aos pacientes, case un centenar de persoas achegáronse para acompañala a pesar da treboada que afectou durante todo o día o país.

Os enfermos de cancro comezan a pagar polos medicamentos

Correo-e Imprimir PDF

Conselleira de Sanidade durante unha visita ao futuro hospital de VigoEn menos dunha semana haberá un ámbito máis do sistema de saúde pública no que sexa obrigado pasar por caixa. O 1 de outubro entra en vigor a resolución do Ministerio de Sanidade que instaura o repagamento en corenta e dous fármacos para tratar enfermidades complexas e graves que só se dispensan nas farmacias hospitalarias aínda que os pacientes non estean ingresados. Trátase de medicamentos para tratar tumores de mama, ril ou cerebrais, para facerlle fronte á leucemia ou para tratar doenzas como a artrite reumatoide ou a hepatite. O Goberno central dispón que, de agora en diante, os doentes terán que poñer cartos para poder retiralos e a Xunta xa avanza que asume a medida dende o inicio.

As 115.000 toneladas de lixo radioactivo esquecidas no Atlántico Nordeste

Correo-e Imprimir PDF

Un buque lanza bidóns radiactivos sobre as lanchas de GreenpeaceOs 223.000 bidóns con residuos nucleares lanzados en alta mar ata 1982 non se controlan desde fai dúas décadas, pese ás evidencias de fugas. Os países europeos estudarán en 2014 si é necesario establecer un novo programa de vixilancia

A poucos quilómetros da costa francesa e a só 124 metros de profundidade, un submarino dirixido por control remoto enviado por xornalistas alemáns acaba de atopar dous bidóns con residuos radioactivos lanzados á Canle da Mancha na década de 1950. Os colectores, de orixe belga ou británico, confirman que baixo o Atlántico hai unha bomba de reloxería.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL