Martes, 25 Apr. 2017

Actualizado05:00:34 PM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Saúde Os centros de saúde do Val Miñor están sen vacinas antitetánicas dende maio

Os centros de saúde do Val Miñor están sen vacinas antitetánicas dende maio

Correo-e Imprimir PDF
Calendario de vacinas oficial do SERGAS

O predisente da Xunta recoñeceu non saber nada do tema, cando foi consultado polos compañeiros de Galicia Confidencial.

Vm.info tivo costancia do feito a pasada semán, onde fontes sanitarias consultadas recoñeceron que non había existencias de diversas vacinas do calendario oficial do SERGAS como a pentavalente para as crianzas de catro meses e do tétanos para nenos de 6 anos.

O Sergas volve estar no ollo do furacán. Aos problemas que existen pola privatización da sanidade pública e as protestas existentes no novo hospital de Vigo, súmanse agora novas denuncias por falla de vacinacións para bebés e nenos pequenos. Son medicamentos que figuran no calendario de vacinacións da propia Xunta; a vacina pentavalente e a do tétanos.

Segundo as fontes consultadas, a Xunta non está subministrando actualmente a coñecida como vacina pentavalente (difteria, tétanos, tosferina, polio e Haermophilus)  que teñen que recibir os bebés de catro meses. Segundo os profesionais médicos, o Sergas “hai meses que non a ten” e recorren a outra vacina, a hexavalente, que corresponde aos bebés de dous e 6 meses. cunha dose extra de vacina antihepatite B.

Sen embargo, tamén hai falla de subministro na vacina do tétanos e, segundo indican estas fontes, xa desde comezos deste ano. Este medicamento téñeno que recibir todos os nenos que teñen seis anos. De feito, esta vacina xa nin se atopa nas farmacias.

Segundo fontes hospitalarias consultadas, o problema está en que o Sergas non dispón, actualmente, desta vacina xa que hai un “grave problema de stock” que ten a súa orixe nunha "suposta" demanda deste mesmo medicamento por parte da China. Algúns profesionais da sanidade pública mesmo apuntan a que o problema se pode agravar polas “débedas” que a Xunta mantén con certos laboratorios o que estaría retardando, aínda máis, a consecución destas vacinas.

Sobre esta cuestión, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo recoñeceu que é un “tema sensible”, do que “non ten constancia”. “Se hai problemas temos que solucionalos, agás que sexa un problema de falta de suministros do laboratorio”, dixo en resposta aos compañeiros de Galicia Confidencial.

Meninxite e tosferina

Por outra banda, tamén se referiu á morte dun neno por posible contaxio de meninxite B e suliñou que son, agora, os profesionais os que están analizando a causa da morte do cativo. Preguntado sobre a necesidade de incluír ese medicamento no calendario de vacinacións, Feijóo dixo que “hai que ter prudencia”. “Incluír ese medicamento no Consello Interterritorial de Sanidade pois non debo de pronunciarme”, dixo. “Pero se temos claro que a vacina é necesaria e urxente e ten que estar incluída pois o proporemos, pero neste momento hai que agardar un pouco”, indicou. En todo caso, dixo que estas vacinas poden atoparse nas farmacias, aínda que non entren na sanidade pública.

Pola contra, Feijóo recoñeceu que "hai problemas coa tosferina" aínda que se mostrou convencido de que "hai envases suficientes", mentres que noutras comunidades, dixo, non a poden fornecer por problemas de abastecemento.
"Para nós as vacinas son un tema moi sensible. Cando expomos a do neumococo non se entendeu e agora alégrome de que a experiencia en Galicia estea uniformizada en todo o sistema de nacional de saúde", concluíu.

Pese a que hai existencias de vacinas de tosferina, Galicia é unha das comunidades autónomas que non contempla a vacinación por esta doenza durante a xestación para que os bebes nazan imnunizados e non teñan que agardar até os dous meses para recibir a vacina.

A pasada semán, unha meniña de 15 días morreu por esta situación, logo de que a nai non fose quen de conseguir vacinarse contra a tosferina durante a xestación, incluso por prescripción médica.

De feito esta morte fixo saltar ás alarmas sobre o desabastecemento de determinadas vacinas e a recomentación do Comité Nacional para que se anticipe a vacinación de tosferina ao momento da xestación e non dous meses despois do nacemento dos bebés.

 

 

Coa colaboración de Galicia Confidencial