Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Saúde A partir deste martes comeza a ser de pago o aparcadoiro do novo hospital de Vigo.

A partir deste martes comeza a ser de pago o aparcadoiro do novo hospital de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF
hospital cunqueiro

A partires de mañá, martes 18 de agosto, o aparcadoiro do hospital Álvaro Cunqueiro comezará a ser de pago.

Transitoriamente até as 16 horas e hasta que o transporte público cobra todo o horario. O aparcadoiro do persoal do Álvaro Cunqueiro será gratuíto até o vindeiro luns 24 de agosto

A partires de mañá, martes 18 de agosto, procederase ao inicio do cobro do aparcadoiro no novo hospital público Álvaro Cunqueiro. Este pago será, provisionalmente, só para a quenda de mañá. En quenda de tarde o aparcadoiro efectuará cobros unha vez que estean en funcionamento as vindeiras liñas de autobús que conectarán o edificio sanitario coa poboación á que dá servizo.

O Sergas comunica que partires das 16 horas non se cobrará o aparcadoiro, ata unha nova notificación por parte da sociedade concesionaria do hospital, que hoxe mesmo está a instalar os carteis informativos nas diferentes áreas de acceso.

O prezo da primeira hora no aparcadoiro será de 1,86 euros, e existe a posibilidade de adquirir abonos de 5 e 10 días, e mesmo mensuais, que xa se poden xestionar na oficina do aparcadoiro.

Persoal
Tamén dende mañá o persoal que traballe no Hospital Álvaro Cunqueiro poderá redirixirse ao aparcadoiro de profesionais, que será gratuíto ata o vindeiro luns, 24 de agosto.

Segundo anuncia o xerente da Estrutura de Xestión Integrada de Vigo, Félix Rubial, o Sergas pon a disposición dos profesionais do Hospital Álvaro Cunqueiro 500 prazas de aparcadoiro gratuítas, o 70% das 711 destinadas ao persoal. "Esta medida equipara, e aínda mellora, a situación do Hospital Álvaro Cunqueiro con respecto a outros hospitais da rede sanitaria galega", sinalan.

Aseguran que o novo hospital vigués ten a capacidade de garantir praza de aparcamento a todos os usuarios e profesionais, "e ofrece unha solución aos problemas que neste aspecto veñen rexistrando historicamente os principais centros asistenciais da área sanitaria, especialmente o Hospital Xeral".

Nese senso os profesionais disporán dun bono mensual por valor de 40 euros, "cifra equiparable ao custo do Bonobús do transporte público e inferior ao abono medio na maioría de aparcadoiros da cidade, que xira en torno aos 100 euros."sinala o SERGAS

Con respecto ás tarifas para o resto dos usuarios, o Sergas sinala que analizará coas asociacións de pacientes a busca dunha solución para dar resposta ás necesidades específicas dos pacientes crónicos. En calquera caso, o Sergas insiste en que "a mellor alternativa é sempre o trasporte público, polo que un bo sistema de autobuses, con frecuencias e liñas suficientes, é a mellor opción para o acceso ao centro".