Sábado, 16 Feb. 2019

Actualizado11:03:00 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Saúde Falso teito cae sobre unha paciente en plena consulta no novo hospital de Vigo.

Falso teito cae sobre unha paciente en plena consulta no novo hospital de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF
rotura teiti hosp cunqueiro

Un novo contratempo xurde nas instalacións do novo hospital Álvaro Cunqueiro. Os feitos foron confirmados a este medio por representantes sindicais. Aparentemente a persoa non sufriu máis dano que o golpe na cabeza e o susto lóxico polo imprevisto. Trátase do segundo incidente de importancia en menos dunha semana, debido a fallos nas instalacións  recentemente inauguradas.

Fontes sindicais sinalan que este mércores pola mañá presentaron ante a Inspección de Traballo unha lista de irregularidades e fallos importantes detectados no hospital. Os representantes dos traballadores afirman estar preocupados pola seguridade tanto dos funcionarios como dos usuarios do hospital. Aspectos que, anuncian, serán feitos públicos o vindeiro venres nunha rolda de prensa.