#VIDEO #Sanidade O novo hospital de Vigo fai augas

Imprimir
pingueiras1
pingueiras2
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O edificio fixo augas literalmente e anegou as consultas de xinecoloxía que sufriron importantes atrancos no seu desenvolvemento.

Admisión, consultas externas e aparcadoiros quedaron anegados tralo que fontes do persoal supón debeuse á rotura dunha tubería nos andares superiores. “Nin choveu nin tivo lugar unha enchente” ironizaban membros do persoal que protestaban polas insuficiencias loxísticas deste hospital a menos dun mes da súa posta en marcha.

A inundación ocorreu horas antes dunha concentración convocada por usuarios e traballadores do Hospital Álvaro Cunqueiro, para esixir que o aparcadoiro sexa público e gratuíto. Feito que sustentan en razóns do enclave, onde non hai outras posibilidades para aparcar alternativas ao pagamento e pola que a empresa concesionaria pasará a ingresar un montante aproximado de 10 millóns de euros anuais pola actividade.

Os maiores atrancos tiveron lugar nas consultas de xinecoloxía, segundo o manifestado por fontes hospitalarias consultadas. Neses senso, informaron que mañá terá lugar unha xuntanza de representantes do persoal coa xerencia do hospital co fin de recibir explicacións sobre o acontecido.

Así os profesionais sanitarios fan un chamamento á cidadanía coincidindo co peche do hospital Xeral Cíes, para que saian á rúa o próximo 3 de setembro para protestar contra este novo hospital “que es un paso definitivo hacia la privatización de la sanidad pública y que se ha hecho en unas condiciones que nada tienen que ver con las anunciadas por el Gobierno Feijóo y que, en esas condiciones, supone un peligro para la integridad y la vida de los pacientes”.

En taxi ou en coche privado.

Os veciños do Val Miñor pese a ter asignado por defecto o hospital Povisa, salvo que solcicitaran cambio de hospital nas quendas anuais de novembro, teñen obriga de acudir ao novo hospital para as especialidades de neonatoloxía, tocoloxía e xestación dado que Povisa non ten concertadas esas especialidades no convenio firmado coa Xunta - Sergas. Un punto que complica aos veciños do Val Miñor xa que polo momento non existe unha liña de transporte público que comunique o Val Miñor có novo hospital en Valadares.

Â