Domingo, 16 Jun. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Saúde Beatriz Figueroa non cesa a súa loita polos dereitos das persoas doentes de cancro

Beatriz Figueroa non cesa a súa loita polos dereitos das persoas doentes de cancro

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe Ramón Vaquero

"La vida no sigue igual" o leitmotiv da campaña que Beatriz Figueroa combate contra os "titáns" da administración da seguridade social e do estado logo de denunciar a situación na que se ven envoltos os enfermos de cancro en España.

A súa protesta foi refrendada por máis de medio millón de sinaturas e o apoio de todos grupos políticos salvo o PP, onde solicitaba a mellora na protección laboral das persoas con doenzas oncolóxicas a través dunha proposición de lei perante o Congreso dos Deputados.

A proposición foi bloqueda polo rodillo da maioría absoluta do Partido Popular no Congreso, que rexeitou a toma en consideración desta lei que reclamaba o recoñecemento da incapacidade permanente, unha vez esgotado o prazo máximo de duración da incapacidade temporal, a toda persoa que fose diagnosticada dun carcinoma. 
 
"Quizá no entienden que mientras ellos eluden este debate, miles de personas tienen que librar una doble batalla contra el cáncer y contra la Administración. Quizá no saben que, debido a sus recortes, muchos enfermos (entre ellos firmantes de esta campaña) subsisten con prestaciones indignas, al igual que lo hago yo con una pensión de 426 euros después de haber cotizado a la Seguridad Social durante más de veinte años y teniendo que que hacer frente al 40% de los fármacos. De lo contrario, no puedo entender que ni siquiera admitan a trámite nuestra propuesta. La votación del pasado miércoles es sólo un bache en el camino. Yo voy a continuar mi lucha para conseguir que nuestros derechos sean reconocidos. No me rindo, y te pido que tú tampoco lo hagas."
 
Co gallo do día mundial contra o cancro, 19 de outubro, Beatriz non cesa na súa loita e en colaboración co fotógrafo vigués Ramón Vaquero, lanza unha campaña e reactiva o seu chamamento para acadar o millón de firmas na plataforma Change. "Esixo xustiza social para termos garantidas as necesidades básicas, cunha prestación suficiente como garante a Constitución, para un dos momentos máis difíciles nos que pode verse un ser humano: o cara a cara coa morte". 
"Este día que mundialmente se celebra de color rosa, yo no puedo olvidar que NADA ha cambiado después del martes, que como sabéis la prepotencia del partido que desgobierna este país, el PP, se ha negado a tomar en consideración, aunque todos los partidos de la oposición votaron a favor, una proposición de ley para mejorar la protección laboral y de seguridad social  de los enfermos de carcinoma. Nos negaron nuestro derecho al reconocimiento de la incapacidad y su pensión correspondiente mientras nos curamos y recuperamos en un Estado Social y prentendidamente de "Bienestar. Nuestra situación sigue siendo la misma y he querido denunciarlo esta vez con una imagen en vez de con palabras."
 
As dúas Españas
A situación de Beatriz contrasta hoxe coa noticia desvelada polo diario El Mundo no que un ex concelleiro de Esquerda Unida en Elxe, Oscar Morales, simulou un cancro durante 5 anos para cobrar unha pensión. Logrou a incapacidade en 2008 tras simular informes de até tres hospitais. Percibía 1.000 euros ao mes; un total de 70.000 €. 
 
VÍDEO - A opinión sobre o caso de Beatriz por Rafael Bengoa no minuto 13:40
 
Dim lights Embed Embed this video on your site