Xoves, 19 Sep. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Saúde Sanitarios do centro de referencia do ébola en Galicia advirten que non están preparados

Sanitarios do centro de referencia do ébola en Galicia advirten que non están preparados

Correo-e Imprimir PDF
Edificio SERGAS Santiago de Compostela

Cada vez son máis as voces críticas coa xestión do Goberno no caso do évola. Ademais do evidente erro que permitiu o contaxio da enfermeira de Becerreá en Madrid, agora son os profesionais sanitarios os que alertan que non están preparados para facer fronte a pandemia. De feito, no hospital Carlos III de Madrid vivíronse onte algunhas escenas de pánicos, con operarios chorando e algúns abandonando o seu posto de traballo.

En Galicia, son os especialistas encargados de xestionar a crise os que advirten que non teñen medios dabondo. A xunta de persoal do complexo universitario de Vigo, ao que pertence o hospital Meixoeiro, centro de referencia en Galicia fronte ao évola, fala de carencias tanto de materiais como de formación.

Así, advirten, entre outras cousas, que a ambulancia encargada de trasladar aos posíbeis primeiros casos está en Castela e León. No Meixoeiro só hai dúas camas - e non as catro inicialmente previstas- e que a corredoira de acceso a estas camas dá a outras dependencias do Hospital.

No referido a formación, asegura que o cadro non especializado necesita máis coñecementos. Así, cifran en hora e media como máximo os cursos ofrecidos a colectivos como persoal de urxencia, pediatras e celadores.

Por outra banda, a Xunta confirmou aos medios que a enfermeira que deu positivo non viaxou a Galicia dende o mes de setembro, cando puido ser contaxiada atendendo ao misioneiro repatriado. Sanidade asegura que arestora en Galicia non hai ningunha medida especial nin ningunha persoa baixo vixilancia, polo que pide tranquilidade.

O presidente do Goberno Mariano Rajoy tamén pediu que se deixara traballar aos profesionais. Foi nunha pregunta de Pedro Sánchez, líder do PSdeG, quen pediu explicacións pero non dimisións, das que dixo falará no futuro. O BNG pediu xa a comparecencia da ministra, Ana Mato, moi criticada pola súa xestión da comunicación da crise. A mandataria comparecerá finalmente a petición propia, pero non se sabe cando.

A propia afectada falou hoxe coa prensa, defendendo que seguiu todos os protocolos que lle ensinaron.

- Do medio colaborador Galicia Confidencial