Xoves, 22 Aug. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Saúde O PP rexeita modificar a lei da Seguridade Social para dar máis coberturas aos doentes de cancro.

O PP rexeita modificar a lei da Seguridade Social para dar máis coberturas aos doentes de cancro.

Correo-e Imprimir PDF
beatriz figueroa inem

A maioría parlamentaria do PP no Congreso impide que prospere a proposición de lei presentada polo BNG para mellorar a cobertura laboral e de seguridade social aos enfermos de cancro. Iniciativa que recolle o reclamo que lidera a viguesa Beatriz Figueroa, doente desta enfermidade que foi quen de acadar máis de medio millón de sinaturas de apoio á proposta.

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, subiu onte martes á tribuna da Cámara a defender a proposición de lei do BNG, que dá resposta a unha demanda social, para que se mellore a cobertura laboral e de Seguridade Social ás persoas enfermas de cancro.


Mais a iniciativa, acompañada socialmente por máis de 500.000 sinaturas, non foi aprobada debido á oposición do PP e a pesar de que Davila pediu o voto favorábel ás bancadas do PP. Os demais grupos (PNV, UPyD, CIU, Izquierda Plural, PSOE) apoiaron a proposición do BNG e incluso agradeceron a idoneidade e a oportunidade desta proposta.
Comezou Davila por transmitir un agarimoso saúdo á viguesa Beatriz Figueroa, presente no Pleno convidada polo BNG, a quen "saudamos e damos o noso agradecemento polo seu enorme esforzo do que somos coñecedores de primeira man". Unha loita, salientou, que "foi a orixe para asentar o debate social sobre a necesidade de procurar solucións socioeconómicas para aquelas persoas afectadas por esta enfermidade que non poden continuar cos seus traballos ou que están en situación de desemprego". Asemade, deu as grazas ao profesor da Universidade de Vigo, Jaime Cabezas polo traballo efectuado nesta proposta de lei.

Hai máis de 500.000 sinatura de apoio a esta propostaPuxo de manifesto que esta proposición de lei "podería considerarse unha iniciativa lexislativa popular pola consecución das 500.000 sinaturas esixidas para este tipo de iniciativas, e tamén porque é unha demanda social compartida". Nese sentido, apelou á sensibilidade "desta Cámara" para admitir a trámite esta proposición de lei.
Davila explicou a inxustiza que supón que "persoas que cotizaron e contribuíron durante moitos anos á Seguridade Social pero que en momentos de serios problemas de saúde, incapacitados polos tratamentos para o cancro, apenas perciben pequenas axudas asistenciais. Situación que afecta a miles de persoas como a señora Figueroa".
"Persoas diagnosticadas de cancro cando están no paro, con prestación ou sen ela, que teñen contratos temporais e non se lles renova, e que cando lles dan a alta teñen quince anos ou máis de cotización á Seguridade Social". Situación, aclarou, que se agravou pola crise, en alusión ao incremento do número de parados e do aumento da contratación en precario.

Debe modificarse a Lei de Seguridade Social e dar maior protección a persoas enfermas de cancro

Nesta liña, Davila argumentou a necesidade de modificar a Lei de Seguridade Social. Fixo especial fincapé na necesidade de cambiar a cualificación da incapacidade permanente, porque "desde o ano 1997 este precepto non foi obxecto de desenvolvemento regulamentario o que supón unha das tarefas pendentes de abordar máis importantes que competen ao Goberno en materia de Seguridade Social". Explicou que a cualificación de incapacidade permanente é un tema diferido a criterios avaliativos da Equipa de valoración de incapacidades que fai o ditame previo á cualificación da Dirección Provincial do INNS.E logo falta o trámite nos xulgados do social. "Toda esta burocracia provoca unha grande incertidume ás persoas solicitantes de prestacións de incapacidade permanente, sobre todo, en persoas que padecen carcinomas porque se lles xunta a inseguridade da súa situación clínica, a posición vulnerábel que sofren no mercado laboral e unha grande inseguridade derivada da espera".
Sinalou que as persoas con cancro, sometidas a tratamentos e con recuperacións a realizar en prazos medios ou longos, "teñen grandes problemas para manter o seu vínculo co mundo laboral. Cando esgotan a prestación de incapacidade temporal, manteñen un vínculo profesional moi debilitado que remata ás veces con extincións. Peor é para os que están no paro, moitas veces abocadas ao desemprego asistencial".

A deputada do BNG demandou unha reforma normativa que proporcione seguridade xurídica ás persoas nesta situación. Rematou sinalando que "a progresiva identificación das enfermidades de longa duración coa discapacidade, a partir da Directiva 2000/78CE e da doutrina do Tribunal de Xustiza da UE, esixe outorgarlles unha protección laboral específica".