Domingo, 6 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Saúde Comité POVISA - "Hai horas do día no que non hai persoal para atender a un paciente cunha parada cardíaca"

Comité POVISA - "Hai horas do día no que non hai persoal para atender a un paciente cunha parada cardíaca"

Correo-e Imprimir PDF
Comité de empresa de Povisa

Povisa segue despedindo traballadores e reducindo xornadas pese á firma do convenio co SERGAS por 75 millóns de euros anuais.

A empresa POVISA obtivo no pasado exercicio un beneficio de 11 millóns de euros.

O recente convenio renovado o pasado 1 de setembro co SERGAS por un montante aproximado de 75 millóns de euros anuais, garantía a viabilidade do centro e dos traballadores durante os próximos 10 anos, pero denuncia que POVISA non traslada a mellora desta situación económica á mellora dos servizos, actualmente en precario, nin dos seus traballadores.

O comité de empresa denunciou onte o novo despido de dous traballadores, que se suman aos 12 despidos de finais de agosto.

Advirten que o centro segue na mesma dinámica de redución de xornadas, de traballadores con xornadas irregulares, despidos,e incumprimentos do convenio. Sinalan que todas estas eivas repercuten directamente na labor diaria dos sanitarios e indirectamente na atención e servizos prestados aos pacientes.

"Están creando unha situación de acoso laboral que está a derivar nunha situación de crispación de “tensión” laboral que está tendo una repercusión na asistencia sanitaria. É una administración irresponsable que non mira polo beneficio da saúde.”

"Non traballamos con máquinas, traballamos con persoas."

Dos 220 traballadores recoñecidos pola inspección de traballo con contratos indefinidos ligados ao anterior convenio co SERGAS, POVISA só fixo indefinidos a 174 traballadores e despediu a 14 persoas, unha delas onte tras unha baixa por maternidade.

A CIG denuncia que a dirección da empresa estase a enriquecer con diñeiro público que non inviste nos usuarios e na plantilla, por iso apelaron onte á unidade de traballadores, sindicatos e usuarios para obrigar ao SERGAS e á Xunta para que fagan un seguimento de onde vai parar o diñeiro público que lle dan a POVISA.

“Agora o criterio de persoal é según cargas de traballo. Pero iso nun hospital, xa se pode por a directora de enfermería como queira e sacar todos os informes que queira que nun hospital, iso así non funciona, porque non traballamos con máquinas, traballamos con persoas”. “Non se pode programar que un paciente ás nove da noite non se poña mal, necesite deitarse ou precise levantarse”.

Sen persoal sanitario para atender todas as patoloxías.

Así o denunciou onte o comité de empresa que sinala que as quendas entre as 2 e 6 da madrugada, as 8 e 10 da mañá e entre as 21h e 23h non hai persoal suficiente para atender todas as patoloxías.

Coas patoloxías que hai, quen te di que nesa franxa horaria non hai una parada cardíaca. E que fan? Quen a atende? Esperas e lle dis ao señor ou á señora que espere un momentiño á quenda seguinte? . É una irresponsabilidade absoluta ."

“Si en urxencias só deixas un celador, todo o que te ven pola porta ten que esperar, porque só hai una persoa para recibir aos enfermos, metelos .. ou para subilos a planta. Teñen que esperar. Algo que antes, coa xornada completa non pasaba porque había o mesmo persoal ás oito da mañá que ás tres da tarde.”

A CIG sinala que continuará cunha campaña para denunciar as irregularidade e trasladar a información aos cidadáns e usuarios.

Os veciños e veciñas do Val Miñor que non estean contentos con POVISA poden solicitar o cambio de centro antes do 30 de novembro.

O novo convenio firmado entre POVISA - SERGAS engade a opción de toma de decisión por parte dos cidadáns para decidir o centro onde queren ser atendidos. A ex-xerente do SERGAS, Nieves Domínguez indicaba que os usuarios deberán encher un formulario e achegar "o DNI e pouco máis", nuns trámites que se poderán realizar nos centros de saúde. Cada ano se reabrirá o mesmo proceso no mes de novembro.

Dominguez vaticinaba  que  "non será unha gran cantidade de persoas, porque a xente é bastante fiel onde é atendida".  Se fosen máis, terían que estudar solucións, porque Povisa só podería atender a 139.000 dos que decidisen quedar. Se os traslados ascendesen a moitos máis e o Chuvi tivese dificultades para absorber a nova demanda, o Sergas exporía o proceso inverso e ofrecería aos usuarios do complexo público trasladar a súa asistencia a Povisa.

VIDEO - VIA TV