Mércores, 16 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Saúde Os pacientes do Val Miñor teñen tres meses para decidir se queren marchar de POVISA

Os pacientes do Val Miñor teñen tres meses para decidir se queren marchar de POVISA

Correo-e Imprimir PDF
Visita da conselleira sanidade ás obras do novo hospital de Vigo

Se a lista de espera para a consulta dun especialista ou para entrar no quirófano en POVISA desespérate, agora tes opción de solicitar ser atendido e asignado a outro hospital público de Vigo.

A xerente do SERGAS, Nieves Domínguez, explicou nun comunicado de prensa co gallo da firma do novo convenio con POVISA, que os pacientes do Val Miñor e Morrazo, que até o de agora eran adscritos forzosamente ao hospital privado, poderán solicitar ser atendidos nos outros hospitais públicos de Vigo, que actualmente teñen unhas listas de espera un 200% inferior ao centro privado.

Deste xeito ábrese a posibilidade de que os pacientes do Val Miñor tamén teñan dereito a seren antendidos nuns prazos de tempo de lista de espera que de media son un 200% inferiores á lista de espera que rexistra POVISA, pasando dos 207 días aos 95 días de espera para unha intervención cirúrxica.

A idea, segundo explicou a xerente do organismo, é que os pacientes asignados a POVISA poidan elexir cambiar de centro hospitalario nun período que abrirase unha vez ao ano, e que neste ano 2014 finalizará o prazo de solicitude o próximo 30 de novembro.

Para solicitar o cambio de hospital, os veciños e veciñas interesados terán que acudir ao seu centro de saúde co DNI e encher un formulario de solicitude. Dominguéz sinalou que o procedemento iniciaríase esta mesma semán, ainda que esta redacción non puido comprobar a información polo que é recomendable chamar antes de acudir ao centro de saúde.

A firma do novo convenio suporá unha inxección económica para o centro privado POVISA por un montante e 75€ millóns de euros anuais de partida, para dar cobertura a 139.000 pacientes. No caso dunha fuxida masiva de pacientes de POVISA a outros hospitais de Vigo, o SERGAS resérvase o dereito de asignar forzosamente aos pacientes dos hospitais públicos para pasalos a POVISA, é dicir, o proceso inverso.

Neste punto, o novo convenio garante a POVISA que o número de pacientes non baixará de 120.000 por decisión do SERGAS.

Con este novo proceso o SERGAS quere por fin ás críticas que recibe pola adscrición forzosa ao centro hospitalario con maior lista de espera de Galicia.

A plataforma de Defensa da Sanidade Pública alerta da privatización paulatina da atención hospitalaria en Vigo.

A plataforma de defensa da Sanidade Pública denuncia que a Xunta mantén a POVISA "artificalmente" con diñeiro público e asegura que a xestión do futuro hospital de Vigo custará sete veces máis pola privatiazaicón dos seus servizos.

A privatización total dos servizos públicos de sanidade en Vigo. Esa é a alerta que lanza a Asociación galega para a Defensa da Sanidade Pública tras analizar os últimos movementos da Xunta con respecto á sanidade da principal urbe de Galicia.
 
“Toda a atención hospitalaria de Vigo quedará en mans privadas unha vez que se inaugure o novo hospital público de Vigo”, apunta nun comunicado. Unha acción que se completou coa renovación do concerto singular co Hospital Povisa por oito anos, "con ampliación cada dous", con diñeiro público.
 
“Este acordo supón manter artificialmente a unha empresa privada cunha xenerosa subvención de 75 millóns de euros anuais, cantidade similar á que recibirán as empresas concesionarias do novo hospital de Vigo por financiar e xestionar o mesmo”, apunta esta entidade.  Ademais, critica que a negociación mantida entre o Sergas e Povisa se realizou con "total falta de transparencia" e chea de "información enganosa", con medidas que "atentan" contra a planificación e a xestión racional.
 
Ao mesmo tempo, asegura que o novo hospital de Vigo seguirá un modelo de xestión privada similar ao de Povisa, polo que esixe a súa “paralización inmediata" polos "sobrecustos" que xera, "sete veces os reais", polos "recortes en persoal", "equipamento" ou "calidade dos materiais".
 
 A estas denuncias, súmanse, segundo a Asociación galega para a Defensa da Sanidade Pública, as "irregularidades" no proceso de adxudicación da obra á actual concesionaria, como "a desaparición do informe" da auditora PWC, polo que a Xunta pagou 200.000 euros.
 
- Coa colaboración de Galicia Confidencial