Luns, 2 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Saúde POVISA, o lastre sanitario galego que sofren os pacientes do Val Miñor

POVISA, o lastre sanitario galego que sofren os pacientes do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
Profesionais ciruxia vascular | Imaxe SERGAS

Os veciños do Val Miñor agardan un 300% máis que o resto dos galegos, para entrar en quirófano según os datos do SERGAS.

A media de espera de POVISA é de 207 días, fronte aos 95 días de outros hospitais de Vigo e os 66 días de media de Galicia.

Coa nova Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias na man, e atendendo ao anunciado no seu día polo presidente da Xunta en funcións para defender a citada lei, as listas de espera do hospital privado - concertado POVISA poderían acabar nos tribunais se un paciente agardase máis de 60 días por unha ciruxía.

Os datos do último trimestre non presentan mellora pese á promesa do propio hospital en decembro do ano pasado durante as negociacións do novo convenio co SERGAS, que aseguraron converxer os tempos das súas lista de espera cos da media dos hospitais galegos.

Así a todo, a diferencia do tempo medio de espera que soportan os pacientes do Val Miñor e o Morrazo para unha ciruxía, supera en máis de un 300% a media dos hospitais públicos galegos e nun 200% a media de días que agardan outros pacientes da área sanitaria de Vigo.

Según últimos datos publicados en xuño de 2014, a falta dos datos deste terceiro trimeste no que se prevén novas subas polo peche de camas deste verán, indican que cada operación cirúrxica en POVISA retrasouse unha media de 207 días, 35 días máis que no ano anterior e 141 días máis con respecto ao tempo que agardan os pacientes no resto de Galicia.

 

 

As consultas externas e diagnósticas en POVISA, eliminadas das estatísticas do SERGAS.

O SERGAS xa non fai público os datos estatísticos referintes á lista de espera para consultas externas e probas diagnósticas, algo que non acontece co resto dos hospitais públicos e que poden consultarse na súa páxina web.

O novo convenio de POVISA co SERGAS

O novo convenio firmado onte prolonga outra década a asistencia a 139.000 usuarios da área sanitaria viguesa. Por cada un deles, a Xunta de Galicia pagará 540 € anuais. En total a Xunta pagará ao hospital privado vigués 75 millóns de euros anuais; revisables co IPC.

Deste xeito o hospital pasa a cobra unha cantidade anual fixa independentemente de si o paciente fai ou non uso dos servizos do centro.

Pese á estabilidade económica que supón a firma deste convenio, logo de que caducase en 2010, o centro privado perdeu máis de douscentos traballadores entre xubilacións e despidos. Onte o comité de empresa protestaba ante o anuncio de 12 novos despedimentos, tres días antes de renovar o convenio e cun saldo positivo de 11 millóns de euros.

Os cidadáns poderán cambiar de hospital se non están contentos.

O novo convenio engade a opción de toma de decisión por parte dos cidadáns para decidir o centro onde queren ser atendidos, xa que anteriormente a súa prestación sanitaria era forzosa e os pacientes do Val Miñor e Morrazo non podían decidir ser atendidos en hospitais con menor lista de espera. A xerente do SERGAS, Nieves Domínguez indicaba onte en rolda de prensa, que os usuarios deberán encher un formulario e achegar "o DNI e pouco máis", nuns trámites que se poderán realizar nos centros de saúde. Cada ano se reabrirá o mesmo proceso no mes de novembro.

Dominguez vaticina onte que  "non será unha gran cantidade de persoas, porque a xente é bastante fiel onde é atendida".  Se fosen máis, terían que estudar solucións, porque Povisa só podería atender a 139.000 dos que decidisen quedar. Se os traslados ascendesen a moitos máis e o Chuvi tivese dificultades para absorber a nova demanda, o Sergas exporía o proceso inverso e ofrecería aos usuarios do complexo público trasladar a súa asistencia a Povisa.