Xoves, 22 Aug. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Saúde Os médicos cargan contra a lei do aborto de Gallardón.

Os médicos cargan contra a lei do aborto de Gallardón.

Correo-e Imprimir PDF
medicos do mundo

-Médicos do Mundo e tres sociedades científicas denuncian que a próxima lei do aborto “vulnera o dereito a decidir” e “atenta contra a igualdade e liberdade das mulleres”.

Ante a posible aprobación en Consello de Ministros do anteproxecto da lei do aborto, Médicos do Mundo e tres sociedades científicas federadas na Sociedade Española de Saúde Pública e Administración Sanitaria (SESPAS)  subscriben un comunicado onde manifestan a súa oposición a calquera diminución “da autonomía, os dereitos e a saúde das mulleres”. Sinalan que a modificación en estudo, “é contraria aos compromisos internacionais en materia de dereitos sexuais e reprodutivos”.

Solicitan ao Goberno español, ademais da retirada do texto lexislativo, que garanta o acceso a unha educación afectivo-sexual e que facilite ás mulleres o acceso a métodos anticonceptivos modernos e seguros, incluíndo a anticoncepción de urxencia.

Afirman que de aprobarse a norma, impoñerá unha demora dos tempos que pode afectar negativamente aos prazos recomendables para un aborto seguro. Ase mesmos  os médicos asinantes denuncian que incrementará a brecha de desigualdade social e económica, pois as mulleres “con suficientes recursos económicos evitarán ese calvario e buscarán a forma de interromper o seu embarazo fóra do noso país, mentres que as mulleres sen recursos recorrerán a abortos inseguros ou se verán obrigadas a facer fronte a embarazos non desexados”.

50 mil mulleres morren por abortos clandestinos.

Achegan cifras do Institut Guttmacher (2012) que sinalan que os abortos en condicións de risco causan a morte de case 50.000 mulleres no mundo, cada ano e causan a invalidez temporal ou permanente doutros 8 millóns.

A interrupción legal do embarazo é unha das intervencións máis seguras nos países desenvolvidos (menos de 1 morte por cada 100.000 intervencións), mentres que os abortos inseguros implican un risco de morte de 220 veces maior.

A lexislacións máis duras, máis abortos

Sostén que hai evidencia de que o número de abortos inducidos é menor nos países que teñen unha lexislación liberal en comparación cos que manteñen unha restritiva. Por exemplo, a taxa de aborto é de 29 por cada 1000 mulleres en idade de procrear en África e 32 por cada 1000 en América Latina, zonas onde a maioría das leis prohiben esta práctica. Con todo, en Europa Occidental, onde as leis relativas ao aborto son xeralmente máis liberais, esta taxa é do 12 por 1000 . Dito doutra maneira, as leis restritivas de acceso á interrupción voluntaria do embarazo non conseguen reducir o número de abortos.

Salientan que con esta lei, España “nadará contracorrente do contexto europeo”, no que todos os países europeos con excepción de Malta, Irlanda e Polonia contan con leis de prazos ou de supostos. Un proxecto de lei que contradí, aseguran,  as recomendacións dos organismos de dereitos humanos e é contrario aos compromisos internacionais subscritos por España ante Nacións Unidas, dos cales terá que render contas ante a Asemblea Xeral de Nacións Unidas o próximo mes de setembro.

Por último, estas organizacións esixen ao executivo a restitución do modelo sanitario universal vixente no país até a entrada en vigor da reforma sanitaria, que deixa ao colectivo de mulleres inmigrantes en situación administrativa irregular en situación de especial vulnerabilidade.