Domingo, 3 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Saúde Doentes de cancro de mama e outras doenzas crónicas celebrarán un encontro de tres días en Panxón.

Doentes de cancro de mama e outras doenzas crónicas celebrarán un encontro de tres días en Panxón.

Correo-e Imprimir PDF
cancermama

Do venres 13 ao domingo 15 de xuño a Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mamas (ADICAM) celebrará unha convivencia coas súas asociadas na Residencia de Ocio e Tempo Libre de Panxón. O grupo estará  formado pro trinta mulleres  de Cangas, Vigo e A Coruña que durante a fin de semana desenvolverán unha programación dirixida á información, ocio e  tempo libre, no contexto de hábitos saudables a prol de melloras na calidade de vida . A inauguración terá lugar o venres 13 ás 17 horas na residencia coa asistencia da presidenta de ADICAM, Josefa Acuña Graña, A  Concelleira dos Servizos Sociais do Concello de Cangas,  Dolores Gallego e a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia Susana López Abella.

Entre as actividades programadas para las asistentes terá lugar unha sesión de pilates nos areais de Patos o sábado ás 10 da mañá, un coloquio do xinecólogo Javier Valdés e da licenciada en farmacia. María Jesús Charro Gamallo, sobre xinecoloxía e nutrición.

Que é ADICAM?

ADICAM é unha asociación de mulleres afectadas de cancro de mama que xorde en Cangas no ano 2000; nace coa finalidade de fomentar o desenvolvemento do apoio social e a axuda mutua, para conseguir que a muller teña unha mellor calidade de vida e benestar. Está formada por mulleres afectadas, familiares, colaboradores e profesionais.

Os seus obxectivos

Os principais obxectivos oriéntanse a dar apoio emocional, orientación e asesoramento ás persoas afectadas de tumor mamario e ás súas familias. Favorecer unha mellor calidade de vida e de saúde ata desde a enfermidade. Promover unha estreita solidariedade entre as mulleres afectadas. Fomentar o desenvolvemento e crecemento persoal.  E ofrecer información á poboación en xeral sobre o cancro de mama e a importancia da detección precoz.

Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro, non gobernamental, que realiza apoio social e promove novos servizos, complementarios aos realizados polas institucións públicas.