Xoves, 22 Aug. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Saúde Baiona acollerá o encontro anual dos parlamentarios nacionais e autonómicos do eido da Sanidade.

Baiona acollerá o encontro anual dos parlamentarios nacionais e autonómicos do eido da Sanidade.

Correo-e Imprimir PDF
paradormonteboi

O Parador Nacional de Baiona será a sede do V Encontro Global de Parlamentarios de Sanidade que organiza Sanitaria 2000, empresa editora de Redacción Médica. Esta nova edición terá lugar os días 13 e 14 de xuño e reunirá aos deputados da Comisión de Sanidade e Servizos Sociais do Congreso e do Senado; ademais de parlamentarios das distintas comisións de Sanidade e de Saúde das Cortes, Asembleas e Parlamentos autonómicos.

O obxectivo deste encontro político do ámbito sanitario ten por obxectivo promover o intercambio de ideas e o coñecemento dos operadores políticos deste eido provenientes dos diversos ámbitos parlamentarios,segundo dá a coñecer a organización.
O Comité Organizador deste encontro está formado polos presidentes das Comisións de Sanidade das cámaras nacionais, Congreso e Senado, Mario Mingo e Carmen de Aragón, respectivamente; así como os 17 das autonómicas. Ademais, forman parte deste, Jesús Aguirre, portavoz do PP na Comisión de Sanidade do Senado; José Martínez Olmos, portavoz do PSOE na Comisión de Sanidade do Congreso dos Deputados; e Pedro Manuel Hernández, senador do Partido Popular.