Domingo, 25 Aug. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Saúde Continúa a loita da galega Beatriz Figueroa na defensa dos dereitos dos doentes de cancro.

Continúa a loita da galega Beatriz Figueroa na defensa dos dereitos dos doentes de cancro.

Correo-e Imprimir PDF
Beatriz-Figueroa-frente-al-

"Nin sequera deberiamos suscitarnos este cambio lexislativo, porque a propia Lei Xeral da Seguridade Social xa establece para todos os enfermos que si se está incapacitado para traballar tense que recoñecer esa condición e, derivado diso, recoñecer uns dereitos económicos como é a pensión de incapacidade permanente ben absoluta ou total, revisable durante o período de curación que se sabe pode ser a longo e medio prazo” declaraba, a veciña de Vigo, Beatriz Figueroa, que o martes entregou 378.000 firmas recolleitas coa súa petición no Congreso dos Deputados.

A proposta, que pide sexa aprobada, foi tramitada como proposición non de Lei e proposición de Lei pola deputada do BNG Olaia Fernández Dávila, para unha protección laboral especial para os enfermos de cancro.

Unha loita en dúas frontes.

Tras cotizar á Seguridade Social durante máis de 20 anos, Beatriz Figueroa caeu doente dun cancro estando desempregada e, logo de denegarlle a incapacidade permanente tres veces durante o proceso, déronlle a alta sen estar curada. E desde que deixou de cobrar o paro, fai 32 meses, só percibe 426 euros cos que debe facer fronte ao 40 por cento dos gastos das súas medicinas, en virtude do novo copago; aínda que desde fai dous meses por un cambio no tipo do subsidio xa non debe abonar este copago.

"A Administración cre que 426 euros cobren as necesidades de vivenda, alimentación e vestido", lamentouse ante os políticos que a recibiron. Beatriz Figueroa, afirma que a razón de recibir tantos apoios é porque neste momento moitas persoas están vivindo situacións de desprotección similares á súa por mor da lexislación actual e porque hai moitas persoas ás que o cancro a tocado por desgraza na súa vida dunha ou outro xeito, familia, amigos.

"É normal que o cidadán responda, si non está enfermo neste momento si algún día por desgraza sucédelles, o cidadán quere ter unha protección que neste momento estállenos negando", afirma que así o establece a Constitución española nun Estado de Benestar, feito que non sucede hoxe en día coas persoas dobremente vulnerables: desempregadas e doentes.

A viguesa, entregou na súa entrevista co Grupo Parlamentario do PP, representado polo presidente da Comisión de Emprego e Seguridade Social, Eugenio Azpiroz, e pola portavoz da mesma, Carmen Álvarez-Arenas, as case 5.000 firmas en papel que recolleu durante meses entre os seus veciños. Agora recorda as reticencias que moitos mostraban para facelo, e a negativa doutros aínda que se trataba de esixir o cumprimento do que garante o art. 41 constitución Española: “prestacións sociais suficientes, en casos de necesidade, especialmente en caso de desemprego”.

A reunión con deputadas do Grupo Parlamentario do PSOE organizouna a deputada Carmela Silva, da que xa recibiu con anterioridade o seu apoio, e que hai pouco padeceu a mesma enfermidade. O Grupo maioritario na oposición comprometeuse a elaborar unha proposta para enfermos tanto de cancro como de enfermidades graves análogas e sobre todo abordar o copago nas mesmas.

"O recoñecemento dunha incapacidade leva aparellado un dereito económico", e, advirte, "hoxe en día todo recoñecemento que supoña que a Administración ten que sacar da súa caixa diñeiro é un gran problema".

Beatriz Firgueroa estará en directo no programa La Sexta Noche, este sábado ás  21:30 horas para dar testemuño da súa loita.