Faladoiro sobre saúde sexual e reprodutiva das mulleres

Imprimir
Saúde sexual e reproductiva das mulleres

A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, a Rede de Pontevedra pola Igualdade e a Sociedade Galega de Sexoloxía organizan es xoves 6 de febreiro unha carla informativa sobre a "Saúde Sexual e Reprodutiva das Mulleres".

A charla terá lugar no Centro Cultural Bolos da Carrasca en Parada ás 20h. 

 

Intervirán a xinecóloga Lourdes Pérez Bares da Xerencia Integrada de Vigo, a sexóloga Purificación Leal integrante da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto e a traballadora social Loli Araújo, integrante da Rede de Pontevedra pola Igualdade.

O charla é aberta a todo público e aberta á participación e consultas que poidan ter os e as asistentes.

Poran o toque musical o trío de "Clarinetistas" Amelie Ónega Otero, Ana Leirós Araújo e Melissa David Álvarez.