Outra forma de cociñar é posible, máis barata, ecolóxica e segura: o Sol é a resposta.

Imprimir
cocina-solar

- Os expertos Pedro Serrano (Chile) e Celestino Ruvio (Portugal) brindarán un obradoiro sobre uso da enerxía solar na cociña no IES Escolas Proval.

 

Cociñar, ese acto cotián consume toneladas de diversos combustibles ao longo do ano. Nas nosas aldeas, onde aínda concéntranse miles de cociña a leña, gas ou electricidade que deixan a súa pega na economía familiar e no medio ambiente, cabería a posibilidade de mudar hábitos que fagan máis eficiente e barata a xestión. O Sol, esa fonte enerxética da que dispoñemos de xeito gratuíto sería a solución, claro, sempre e cando se teña a información necesaria para manexar os instrumentos e manipular con seguridade o seu funcionamento.

No Val Miñor teremos a posibilidade de decatarnos dos sinxelos pasos a seguir para adquirir ou construír cociñas ou fornos de enerxía solar. Así como a manipularllos e atopar as receitas máis axeitadas que nos permitan elaborar os nosos menús preferidos. O IES Escolas Proval achegará un equipo de expertos que brindarán un obradoiro a tal fin o vindeiro 21 de xuño, por certo, no comezo do solsticio de verán, a tempada onde máis rendemento ten nestes lugares esa tecnoloxía.

O coloquio - obradoiro será de 18:30 a 21:30 e a participación está aberta a todos os interesados, inda que por cuestións de espazo haberá unha inscrición previa. Contarase coa presenza de dous científicos de ampla experiencia en enerxía solar como son o Prof. Pedro Serrano (Chile) e o Prof. Celestino Ruivo (Portugal).

PROGRAMA

18:30h - Recepción dos participantes e exposición sobre enerxías renovables no claustro do IES Escolas Proval

19:00h - Conferencia: "A Cociña Solar como instrumento de Desenvolvemento Sustentable". Prof. Pedro Serrano, Univ Técnica FSM (Chile)

20:15h - Demostración de construción de cociñas solares de tipo funil. Prof. Celestino Ruivo e Javier Diz

21:30h- Remate da actividade con degustación de "tapas solares"

A organización estará a cargo dos profesores Celestino Ruivo (Univ. Algarve, Portugal) e Javier Diz (Dep. Electrónica, IES Escolas Proval)

Os interesados deberán confirmar asistencia á brevidade, indicando os nomes dos asistentes ao correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo