Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Ciencia

A “avespa asasina” localizada en Santa Cristina da Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF

Vespa velutina nigrithorax MHNT dosMembros da Comunidade de Montes Santa Cristina de Sabarís alertan da presenza dun tipo de avespa asiática invasora e depredadora das abellas productoras de mel.

Fan un chamamento para localizar os niños no Val Miñor, desta especie invasora, dada a súa voracidade e capacidade reproductiva.

O perigoso negocio do gas non convencional instálase en Vigo

Correo-e Imprimir PDF

Instalacións de extracción de gas non convencional "fracking"Así se recolle na información publicada onte polo medio colaborador Galicia Confidencial. Trofogás é unha das multinacionais que busca operar canto antes. Xa abriu sucursal en Vigo a través de varias sociedades interpostas. Algunhas desas filiais están baseadas en paraísos fiscais.

O francking comeza a buscar oco en Galicia. Multinacionais que teñen a patente desta técnica de estración de gas buscan socios en todo o Estado. O seu obxectivo é comezar a operar de forma inminente. Unha delas é Trofogas SA. que quere operar en Galicia.

O ‘fracking’ terá que someterse a control “ambiental”

Correo-e Imprimir PDF

Proxecto de fracking en Estados Unidos - USEAO Goberno de Mariano Rajoy ordena someter os proxectos para extraer gas non convencional ao procedemento de Avaliación de Impacto Ambiental.

Un dos autores do informe, no entanto, era Fernando Pendás, conselleiro e accionista de Vancast Exploración, unha empresa con proxectos de fracking , segundo desvelou o diario online Vozpópuli.

A polémica extracción de gas de esquisto mediante fractura hidráulica ou "fracking" será vixiada polas autoridades e sometida a control “ambiental” para evitar efectos prexudiciais na saúde dos cidadáns ou no medio ambiente. O Consello de Ministros decidiu o pasado día 15 de marzo “co obxecto de avaliar os impactos sobre o medio ambiente” destes proxectos, incluír “a obrigación de sometelos ao procedemento de Avaliación de Impacto Ambiental”.

Este venres o Asteroide 2012 DA14 achegarase polos ceos das Rías Baixas.

Correo-e Imprimir PDF

OrbitaComparadaTierra-2012D O vindeiro venres día 15 de febreiro o Asteroide 2012 DA14 pasará moi preto do noso planeta e aínda que os científicos encargados do seu seguimento ao longo de todo un ano descartan por completo a posibilidade de impacto, converterase no corpo celeste destas características descuberto que mais se achegue á Terra dende que existen rexistros, ata o punto de que esa noite, poderase seguir a súa traxectoria polo ceo a través duns prismáticos ou un telescopio modesto.

As Xemínidas, un espectáculo astronómico para gozar a partir desta madrugada.

Correo-e Imprimir PDF

aarb noiteA pesar de que a fama dentro do mundo das choivas de estrelas adoitana levar ano tras ano as populares Perseidas de mediados de agosto, as Xemínidas son para moitas persoas familiarizadas coa observación astronómica, sen dúbida a mellor choiva do ano. Pero claro está, as noites de inverno xogan na súa contra polo frío, as menores posibilidades de ceos despexados e por que non dicilo, a maior densidade de novas que os medios de comunicación teñen que atender en inverno, o cal provoca que en ocasións as Xemínidas pasen sen pena nin gloria no que ao mediático se refire.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL